Saltar ao contido

Rafael García Valiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael García Valiño
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1898
Toledo
Morte29 de xuño de 1972
Madrid
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Capitán Xeral da I Rexión Militar
13 de xaneiro de 1962 – 30 de outubro de 1964 – Mariano Alonso Alonso (pt) Traducir →
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Xefe do Estado Maior do Exército de Terra
3 de setembro de 1942 – 24 de marzo de 1950
Comandante en xefe
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
OcupaciónMilitar
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)I Brigada de Navarra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
Guerra do Rif Editar o valor en Wikidata
Premios
no

BNE: XX1280769

Rafael García-Valiño y Marcén nado en Toledo o 24 de outubro de 1898 e finado en Madrid o 29 de xuño de 1972, foi un militar español activo durante a guerra do Rif, a guerra civil e o franquismo.

Na guerra civil participou nas campañas de Guipúscoa, Biscaia, Teruel, Aragón, Levante, Ebro e Cataluña. Na ditadura ocupou o grao de xeneral e ocupou cargos como Xefe do Estado Maior Central do Exército, Capitán Xeneral da I Rexión Militar ou Alto Comisionado de España en Marrocos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira militar

[editar | editar a fonte]

García Valiño descendía de militares.[1] Ingresou aos quince anos na Academia de Infantaría, con 18 anos ascendeu a tenente e incorporouse ao Exército de África coa intención de participar nas campañas españolas na zona, convencido de que o final da Primeira guerra mundial permitiría unha expansión e consolidación das colonias. Na Guerra do Rif[2] tivo encontros ocasionais con bérberes e guerrilleiros, foi ferido varias veces e ascendeu a comandante.

Guerra civil

[editar | editar a fonte]

Cando foi dado o golpe de Estado que provocou a guerra civil, veraneaba en Zarauz, localidade que non participou no alzamento militar, de onde fuxiu dirixíndose a territorio controlado por sublevados. Dirixiuse a Hondarribia, percorreu a pé o camiño a Pamplona e uniuse ao xeneral Mola, quen lle encomendou o mando do Terzo de Requetés «Montejurra».[3] un dos seis que participaron na guerra. O 2 de setembro de 1936, asaltou con ese terzo o monte San Marcial, último lugar fortificado clave de Irún.

Na ofensiva contra Bilbao era tenente coronel.[4] Ao comandante da I Brigada de Navarra, participou nas principais accións que provocaron a ruptura do Cinto de Ferro de Bilbao, precipitando a caída da cidade.[5]

O 6 de novembro de 1937 o Terzo integrouse na 1ª División de Navarra como parte da 4ª Agrupación, e ao ascender a coronel, obtivo o mando da División; á fronte dela combateu o resto da guerra, participando activamente na batalla de Teruel e na ofensiva de Aragón, sendo a primeira división sublevada en chegar ao Mediterráneo, cortando a zona inimiga en dúas. Pouco despois foi cara ao sur, participando na ofensiva de Levante para conquistar Valencia, aínda que a dura resistencia republicana detivo as súas tropas e o plan franquista fracasou.[6] No Levante mandou o "Destacamento de Enlace" —1ª e a 84ª división—. [7]

En xullo de 1938 pasou ao Ebro, en cuxa batalla participou mandando o Cuerpo de Ejército del Maestrazgo e ascendeu ao cargo de xeneral de brigada.[8] En colaboración co Cuerpo de Ejército Marroquí de Yagüe, despois de 4 meses de duros combates e importantes baixas, conseguiron expulsar ás tropas republicanas do coronel Modesto ao outro lado do río.[9] En xaneiro de 1939 interveu en Cataluña, desfilando en Barcelona como consecuencia da súa conquista e tras o dominio desta comarca pasou a dirixir o Centro, sorprendendoo co fin da guerra e entrando en Cidade Real o 1 de abril de 1939.

Posguerra

[editar | editar a fonte]

Ao remate da guerra contou coa simpatía dos que serviron co xeneral Mola. Ascendeu a xeneral de división e Franco ofreceulle a Comandancia Xeral de Melilla con só 40 anos. Aos 42 anos foi ascendido a Xefe do Estado Maior Central do Exército, sendo un dos xenerais que Franco consideraba capaz de manter a man de ferro necesaria na II guerra mundial.[10] En 1947 foi ascendido a tenente xeneral e confirmado como xefe do Estado Maior Central.[11]

Anos 50 e 60

[editar | editar a fonte]

En 1950 foi sucedido polo xeneral Fernando Barrón Ortiz[12] ocupando despois a Capitanía da VII Rexión Militar.[13]

A pretendida apertura do réxime ao exterior aconsellou trasladalo a funcións fóra da Península, e en 1951 foi nomeado Alto Comisionado do Protectorado Español de Marrocos, cargo que ocupou até 1956 cando foi nomeado director da Escola Superior do Exército. De 1962 a 1964 foi nomeado para a Capitanía da I Rexión Militar. Despois das resolucións da ONU sobre a descolonización do Sáhara, García Valiño é sorprendentemente favorable ás teses internacionais e é destituído de todas as súas funcións. Sería a súa primeira e única incursión na política do réxime.

Derradeiros anos. Corrupción

[editar | editar a fonte]

Cara ao final da súa vida ocupou o cargo de vicepresidente e membro do Consello de Administración do Grupo Sofico, un "Holding" de empresas españolas cuxa quebra en 1974 constituíu un dos grandes escándalos de corrupción do franquismo.[14] Valiño morreu en Madrid en xuño de 1972; [1] Como resultado, o escándalo non lle afectou aínda que a súa figura estaba comprometida.

Segundo o historiador Paul Preston, Valiño foi un dos xenerais máis novos e capaces de Franco, do que máis tarde se convertería nun activo crítico. [15]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Molina González, coa que tivo sete fillos.

Condecoracións

[editar | editar a fonte]
  • Cabaleiro Gran Cruz da Orde de San Lázaro de Xerusalén.
  • Cabaleiro Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
  • Cabaleiro Gran Cruz da Orde de Carlos III.
  • Cabaleiro Gran Cruz da Orde de San Hermenegildo.
  • Gran Cruz da Orde de Cisneros ao mérito político, concedida no 20 aniversario do golpe de Estado de xullo de 1936.[16]
  • Medalla Militar Individual.[17]
  • Gran Cordón da Real Orde Alauita.
  • Medalla de Ouro do Concello de Ceuta.[18]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]