Saltar ao contido

Rafael Carvajal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Carvajal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xuño de 1915 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Carvajal Pereira Editar o valor en Wikidata

Rafael Carvajal Rivera, nado en Vigo e finado en Madrid o 24 de xuño de 1915,[1] foi un xornalista e propagandista agrario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José Carvajal Pereira.[2] Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de la Patria, foi redactor de El Siglo Futuro e colaborou en La Región. Formou parte do grupo iniciador de Acción Gallega en Madrid en 1909. Participou no programa de mitins iniciado por terras de Meira. Presentouse como candidato católico independente polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1910 fronte a Avelino Montero Villegas, e foi derrotado. En outubro de 1910 entrou na primeira redacción de El Debate xunto cos galegos Basilio Álvarez, Luis Antón del Olmet e Alfonso Alcalá Martín. Foi redactor-xefe de La Tribuna (1912). En 1915 era redactor xefe do xornal Marte.[3]

  1. Necrolóxica en El Regional, 25-6-1915, p. 2.
  2. Faro de Vigo, 28-6-1915, p. 2.
  3. El Globo, 25-6-1915, p. 3.