Radio-televizija Srbije

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Radio Televisión Serbia»)
Radio-televizija Srbije
Inicio das emisións 1929, en Belgrado
(1992 como RTS)
Slogan Gledaj.Slušaj.Misli.
(Mira.Escoita.Pensa)
País Serbia Serbia
Lingua Serbio
Sede central Belgrado
Nome(s) anterior(es) Radio-televizija Beograd (RTB) (1958–1992)

Na rede
http://www.rts.rs/
Facebook: RTS.Internetportal Editar o valor em Wikidata

A Radio-televizija Srbije (en cirílico: PTC - Радио Телевизија Србије, en galego: «RTS - Radiotelevisión Serbia») é un grupo de comunicación público de radio (desde 1924) e televisión (desde 1958) de Serbia. É membro activo da Unión Europea de Radiodifusión e o seu director actual desde 2004 é Aleksandar Tijanić.

Historia[editar | editar a fonte]

Como Radiotelevisión de Belgrado[editar | editar a fonte]

Radio Belgrado comezou a emitir de forma regular o 24 de marzo de 1929. A televisión nacería tres décadas despois, cando a República Federal Socialista de Iugoslavia autoriza o investimento e creación de Televisión de Belgrado, dentro da Radiotelevisión de Iugoslavia. En febreiro de 1958 formouse, da unión dos 2 medios, a Radiotelevisión de Belgrado (RTB).

O 23 de agosto de 1958 comezan as emisións da televisión de Belgrado coa emisión dos informativos (Dnevnik), comezando as súas emisións desde o edificio da Feira de Belgrado. Durante os primeiros anos TV Belgrado fíxose popular entre o público grazas ás súas series e concursos A partir de 1970 todo o territorio serbio recibiría o sinal de RTS, e un ano despois comezarían como emisores independentes as cadeas de Novi Sad e Pristina, o cal levou a que a zona serbia tivese unha segunda canle, emitindo en cor e a diario PAL, a partir de 1972. Posteriormente, tería unha terceira canle para 1989.

A RTS tamén lanzou as súas emisións vía satélite para Europa a través do satélite Eutelsat.

Como Radiotelevisión de Serbia baixo Milošević (1989-2001)[editar | editar a fonte]

Edificio de RTS esnaquizado tralos bombardeos da OTAN sobre Belgrado en 1999.

Coa chegada ao poder de Slobodan Milošević e co cese da Radiotelevisión Iugoslava trala disgregación da Antiga República, decídese unir en 1992 as cadeas de Belgrado, Pristina e Novi Sad para crear a nova Radiotelevisión Serbia (RTS), de titularidade estatal. Durante esa época produciríanse varios avances como a implantación do teletexto, a creación do departamento gráfico, ou as emisións por satélite de RTS para América.

Con todo, a cadea entrou nunha forte crise de credibilidade debido á utilización do Ente por parte do Goberno tralo paso a compañía estatal, motivo polo que moitos dos antigos traballadores foron despedidos e outros marcharon ás novas cadeas de radio e televisión privadas como Pink TV. Durante ese período, denunciouse o uso partidista do Ente Público, especialmente dos seus informativos, e as críticas aumentaron con motivo da Guerra de Kosovo e o feito de que a radiotelevisión pública convertésese no único medio autorizado para emitir informativos debido á censura militar aplicada no país.[1]

A crise alcanzou o seu punto máis álxido cando a OTAN bombardeou na madrugada do 22 ao 23 de abril de 1999[2] os estudos da cadea en Belgrado, causando 16 mortos e varios feridos. Tres anos despois o director da cadea durante ese período, Dragoljub Milanović, foi condenado a 10 anos de prisión por obrigar aos traballadores da cadea a permanecer nos estudos [3] malia coñecer que estes serían bombardeados. Tamén se destruíron varios repetidores en todo o país, polo que a cadea tivo serias dificultades para emitir.

O 5 de outubro de 2000 a xente tomou, durante a revolución que derrocaría a Milošević do poder, os estudos da Radiotelevisión Serbia, causando varios estragos no edificio que ata dificultaron as súas emisións durante uns días, e botando á cúpula directiva da cadea. Durante uns días denominouse á cadea como Novi RTS (Nova RTS) logo da detención de Milošević.

Radiotelevisión de Serbia na actualidade (2001-Hoxe)[editar | editar a fonte]

Marija Šerifović, gañadora do Festival de Eurovisión 2007 por Serbia.

Logo da caída de Milošević, o Ente Público enfrontouse a un período de cambio no que tamén se intentou lavar a súa imaxe fronte aos espectadores. En primeiro lugar, reformando os servizos informativos. Despois, e de acordo co novo plan de radiotelevisión, as emisoras de Novi Sad e Pristina abandonarían o Ente Público RTS para volver ser canles independentes. Isto significou tamén un expediente de regulación de emprego no que máis de 800 traballadores perderon os seus postos de traballo.[4] Para rematar, engadiuse a área historiográfica para recuperar todos os arquivos danados pola guerra ou pola censura.

En 2001 a RTS Serbia ingresa xunto coa RTCG de Montenegro na UER. Co seu ingreso estaban todos os países balcánicos pertencentes á antiga Iugoslavia.

En 2006 o Ente Público sufriu varios cambios importantes: tras outorgarse de xeito oficial en abril as concesións de TV Privada (aínda que estas xa emitían por cable ou de forma alegal), a RTS decidiu pechar a súa terceira canle de televisión "3K RTS", e tamén se dividiu o Ente en 2 entidades autónomas: por unha banda o Servizo Público de Serbia, xa existente, e por outro o Servizo Público de Vojvodina, con sede en Novi Sad e orixes na antiga Radiotelevisión de Novi Sad. A división enmárcase dentro dun período de transición de "emisora estatal" a "cadea pública".

En 2008 a RTS encárgase de organizar o festival de Eurovisión trala vitoria do seu representante, Marija Šerifović, con "Molitva" no anterior festival celebrado en Helsinqui, Finlandia. Durante 2008 a cadea investiu en novas tecnoloxías, converténdose na primeira cadea do país en transmitir en alta definición. Ademais mellorou a súa páxina web e adquiriu os dereitos sobre as series da cadea HBO en Serbia.

Radio[editar | editar a fonte]

Radio Televisión de Serbia ten as seguintes cadeas de radio:

  • Belgrado 1: Radio de oferta xeral, centrada en informativos, servizo público e programas de entretemento.
  • Belgrado 2 e 3: Malia ser dúas cadeas diferentes, funcionan como unha soa xa que comparten a mesma frecuencia. Beograd 2 emite programación cultural desde as 5 da mañá ata as 8 da tarde, e Beograd 3 emite música clásica, jazz e programas satíricos na franxa restante.
  • Belgrado 202: Tamén coñecida como BGD 202, está centrada en Belgrado e a súa área metropolitana. Emite música pop e rock, principalmente dirixida para os mozos, e un programa cultural matinal.
  • Stereorama: É un programa de radio que se emite cada fin de semana desde o sábado ás 8.00 am ata o domingo ás 8.00 pm. Emítese en Belgrado 202, cubrindo toda Serbia excepto Belgrado.

Durante 65 anos ata 2010 existía unha cadea de radio chamada RTS Ninš.

Televisión[editar | editar a fonte]

Estudos de RTS.
  • RTS 1: Principal cadea de Serbia, emite unha programación de contidos xerais dirixida a todo tipo de público e centrada en informativos e producións estranxeiras (principalmente americanas como Prison Break, CSI ou North Shore) e nacionais. Algúns dos seus programas máis vistos son os informativos (Dnevnik), as sitcom locais como Bela Ladja ou Porodično blago, e as coberturas de acontecementos especiais como partidos de fútbol de Serbia ou os festivais musicais (Beovizija, Eurovisión) que se emiten na canle principal. É o de maior cobertura no país.
  • RTS 2: Segunda canle, encárgase de emitir programación cultural, deportes, programación infantil, as sesións do Parlamento Serbio, reposicións de programas de éxito anteriormente e calquera outra cousa que non teña cabida na canle principal.
  • RTS SAT: Versión internacional de RTS, dedicada especialmente para os emigrantes e diáspora Serbia.
  • RTS Digital: Canle en alta definición.
  • RTS HD: Canle en alta definición.

Radio-televisión de Serbia tamén tivo desde 1989 ata 2006 a terceira cadea de televisión 3K/RTS que emitía unha programación deportiva e musical, pero do mesmo xeito que noutros países balcánicos como Croacia, a RTS acabou coa cadea en beneficio da implementación da televisión privada en Serbia. Outras cadeas de TV defuntas de RTS son: RTS Priština, RTS-TVNS Plus e 3P (xunto coa radiotelevisión de Voivodina).

As canles de RTS poden seguirse en vivo a través de Internet

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]