Radio Bemba Sound System é un álbum ao vivo de Manu Chao que foi lanzado en 2002. É o CD que acompaña o DVDBabylonia en Guagua da actuación en directo do intérprete, filmado durante dúas noites (4 e 5 de setembro) en 2001 durante a xira de Proxima Estación: Esperanza. Moitas das cancións que se atopan en Radio Bemba Sound System, como "Machine Gun", "Peligro", "Mala Vida", "King Kong Five" e "The Monkey", son cancións gravadas orixinalmente pola anterior banda de Manu Chao, Mano Negra. Porén, os arranxos interpretados con Radio Bemba Sound System están máis orientados ao reggae, ska e rock. O disco está secuenciado e editado de tal xeito que hai moi pouco ruído de público e vítores entre os temas, dando así a impresión dunha festa alegre toda a noite -que se acouga no penúltimo tema ("Minha Galera") para volver estoupar no último ("Promiscuity"); os aplausos ao final de "Promiscuity" están acurtados por un esvaecemento moi temperán.