Radarsat 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radarsat 2
TipoCientífico
FabricanteMacDonald, Dettwiler and Associates Ltd., Alenia Spazio
OrganizaciónAxencia Espacial do Canadá
Destino actualEn órbita terrestre.[1]
Data de lanzamento14 de decembro de 2007, 13:17 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz FG Fregat[3][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo da superficie terrestre mediante radar.[3][6]
NSSDC ID2007-061A
Masa2300 kg[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7169 km[1]
Inclinación98,6 graos[1]
Apoapse798,9 km[1]
Periapse798,9 km[1]

Radarsat 2 é un satélite artificial da Axencia Espacial do Canadá lanzado o 4 de decembro de 2007 mediante un foguete Soiuz FG Fregat desde o cosmódromo de Baikonur para estudar a superficie terrestre mediante radar e proseguir a tarefa de Radarsat 1.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

O obxectivo de Radarsat 2 foi proseguir a toma de datos comezada con Radarsat 1 para estudar a superficie terrestre.[3][5][6]

Ao igual que no seu predecesor, o instrumento principal é un radar de apertura sintética (SAR polas súas siglas en inglés) avanzado de 1,7 m x 17 m que funciona en banda C (5,405 GHz). A diferenza principal co SAR de Radarsat 1 é que é capaz de detectar múltiples modos de polarización do radar, o que converte a Radarsat 2 no primeiro satélite civil e comercial en poder usar esta técnica, que permite diferenciar características na superficie terrestre que non se poderían detectar doutro modo. O SAR de Radarsat 2 abrangue unha resolución de entre 3 e 100 metros en franxas que poden tener entre 20 e 500 km de ancho segundo o modo de traballo do radar. Ademais pode realizar exploracións laterais, fora do vertical do satélite.[3][5][6]

A nave ten sistemas máis avanzados con respecto da súa predecesora, como por exemplo grabadoras de estado sólido en lugar de cinta e un receptor GPS para determinar a súa posición con precisión.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "RADARSAT 2" (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 8 April 2008 from the Permanent Mission of Canada to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary- General" (PDF) (08-52684). 11 de abril de 2008: 3. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (23 de agosto de 2016). "Radarsat 2" (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Radarsat 2" (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Radarsat 2" (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "Radarsat" (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]