Radagaiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRadagaiso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor em Wikidata
Morte23 de agosto de 406 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Florencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder militar Editar o valor em Wikidata

Radagaiso (Rhodogastus, Radagaisus, Ῥοδογάϊσος, segundo Zósimo) finado no ano 406, foi un xefe xermánico, posibelmente godo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 401 tomou parte na expedición militar de Alarico I de Italia, e no ano 406 dirixiu un exército contra Roma. Segundo algúns,[Cómpre referencia] o exército de Radagaiso constaba de 200.000 guerreiros. Os pagáns viron naquilo un castigo dos deuses por culpa das cristiáns.

Para derrotalo, o xeneral Estilicón conseguiu gañarse para o seu bando a Saro e ao huno Uldino, e coa súa axuda derrotou a Radagaiso, que tivo que refuxiarse coas súas tropas nos montes Fescolani. Como a fame e a sede decimaban os seus homes, trataron de abrirse paso entre os sitiadores, pero estes capturaron e decapitaron a Radagaiso. Dos seus homes, algúns das superviventes foron feitos escravos e outros ingresaron no exército romano.