Racismo ambiental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fotografía de 1892 dunha pila de cranios de bisonte americano en Detroit (MI) esperando ser moídos para facer fertilizante ou carbón vexetal. O Exército dos Estados Unidos alentou as cazarías masivas de bisonte americano para obrigar aos nativos americanos a abandonar as súas terras tradicionais e trasladarse a reservas máis ao oeste. Isto considérase un exemplo temperán de racismo ambiental.[1]

O racismo ambiental é un termo utilizado para describir a inxustiza ambiental. Aplícase a como minorías étnicas están sometidas a unha exposición a contaminantes desproporcionada ou a como se lles denega o acceso a certos recursos naturais, como aire limpo, auga potable e outros beneficios ecolóxicos.[2][3]

No contexto internacional, a marxinación ambiental describe as relacións ecolóxicas desfavorecidas entre as nacións industrializadas e o Sur Global, asociándose ao colonialismo, o neoliberalismo e a globalización. O racismo ambiental inclúe a exposición a residuos tóxicos, inundacións, contaminación pola extracción de recursos naturais e industriais, carencia de bens esenciais ou a exclusión da administración e toma de decisións sobre as terras e os recursos naturais locais.[4]

Algúns casos de racismo ambiental[editar | editar a fonte]

  • Desprazamento de poboacións negras nas zonas de São Paulo, Roraima e parte da rexión Centro-Oeste do Brasil, por parte doutras comunidades brancas e adiñeiradas apoiadas polo goberno Central.[5]
  • Afectacións por pasivos ambientais xerados polo monocultivo da cana de azucre a poboacións indíxenas e negras nos departamentos do Cauca e Val do Cauca en Colombia.[6]
  • Conflitos ecolóxicos distributivos entre as petroleiras e o pobo orixinario mapuche na Arxentina.[7]
  • En Ecuador as persoas afrodescendentes sofren de racismo ambiental, debido á contaminación sistemática das súas fontes de auga e do medio ambiente, existe intimidación cara ás súas comunidades, e unha resposta insuficiente por parte do Estado.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]