Rabirrubio mourisco
Rabirrubio mourisco | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho en Toubkal, Marrocos
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
O rabirrubio mourisco[2] (Phoenicurus moussieri) é unha pequena ave paseriforme do xénero Phoenicurus (rabirrubios), antes clasificado na familia Turdidae, pero hoxe na familia Muscicapidae. É un residente endémico reprodutor na cordilleira do Atlas no noroeste de África. O seu hábitat son os bosques abertos en áreas rochosas desde o nivel do mar ata os 3000 m de altura nas montañas.[3]
É o rabirrubio máis pequeno, de só 12 cm de longo e 14–15 g de peso. O macho ten cabeza negra cunha raia branca ancha que vai por riba dos ollos e baixa polo lateral do pescozo. As partes dorsais son negras agás nunha área branca na á e a cola, que é castaña intensa. As partes ventrais son de cor alaranxada avermellada intensa. A femia ten unha cabeza e partes dorsais marróns claras, e as partes inferiores son dunha cor alaranxada máis clara que a do macho, aínda que xeralmente máis avermelladas que as partes ventais das femias da especies similar pero máis grande rabirrubio de testa branca.[4]
Recibe o epíteto de especie do seu nome científico en honra de Jean Moussier (1795–1850), que foi un naturalista amador e cirurxián do exército fancés durante as guerras napoleónicas.[5]
Comportamento
[editar | editar a fonte]A canción do macho é unha mestura de sons estridentes e notas svi-svi. A chamada é unha soa nota queixumenta, whit. É principalmente insectívoro, alimentándose a miúdo como un papamoscas do Vello Mundo, facendo saídas polo aire despois perseguindo insectos, pero tamén peteirando e mesmo escavando no chan na procura de insectos; máis rarmente, come pequenas bagas. Constrúe o seu niño nun arbusto ou no chan e a posta é normalmente de 3 a 6 ovos.[4]


Aínda que é principalmente unha ave residente, algunhas realizan un limitado comportamento migrador, especialmente unha migración altitudinal realizada por aqueles que se reproducen a altitudes elevadas, que se desprazan a altitudes inferiores en inverno.[3] Exemplares vagantes teñen chegado ao norte de Gran Bretaña (Dinas Head, Pembrokeshire; abril de 1988[6]), cara ao leste ata Grecia,[4] e cara ao sur ata Mauritania.[7]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O nome do seu xénero Phoenicurus vén do grego antigo phoinix, 'vermello', e -ouros 'cola, rabo'.[8] O nome específico lembra a Jean Moussier (1795–1850), un naturalista amador e cirurxián do exército francés nas guerras napoleónicas.[9]
As súas relacións son escuras; a súa bioxeografía non coincide coa de ningún outro rabirrubio, mentres que o seu padrón de cores é máis similar ao da especie máis grande Phoenicurus erythrogastrus, que tamén ten a visible mancha branca na á do macho. Esta especie non foi incluída no estudo que fixo Ertan (2006),[10] mentres que na mostraxe limitada de Sangster et al. (2010) a quen estaba máis próximo era ao rabirrubio de testa branca.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2018). "Phoenicurus moussieri" 2018: e.T22710069A132085033. doi:10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T22710069A132085033.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ 3,0 3,1 Hoyo, J. del; et al., eds. (2005). Handbook of the Birds of the World, vol. 10. Barcelona: Lynx Edicions. pp. 773. ISBN 978-84-87334-72-6.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Snow, D. W.; Perrins, C. M. (1998). The Birds of the Western Palearctic (Concise ed.). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-854099-1.
- ↑ Beolen, Bo; Watkins, Michael (2003). Whose Bird? Men and Women Commemorated in the Common Names of Birds. Helm: Christopher. p. 241. ISBN 978-0-7136-6647-2.
- ↑ Dudley, S. P. et al. (2006). The British List: A Checklist of Birds of Britain (7th edition). Ibis 148: 526–563. Texto completo
- ↑ Salewski, V., Schmaljohann, H., & Herremans, M. (2005). New bird records from Mauritania. Malimbus 27: 13-18. Abstract.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. pp. 261, 304. ISBN 978-1-4081-2501-4..
- ↑ Beolen, Bo; Watkins, Michael (2003). Whose Bird? Men and Women Commemorated in the Common Names of Birds. Helm: Christopher. p. 241. ISBN 978-0-7136-6647-2.
- ↑ Ertan, K. T. (2006): The evolutionary history of Eurasian redstarts, Phoenicurus. Acta Zoologica Sinica 52 (Supplement): 310–313. PDF fulltext
- ↑ Sangster, G., Alström, P., Forsmark, E., & Olsson, U. (2010). Multi-locus phylogenetic analysis of Old World chats and flycatchers reveals extensive paraphyly at family, subfamily and genus level (Aves: Muscicapidae). Molecular Phylogenetics and Evolution 57: 380–392 Texto completo Arquivado 12 de abril de 2016 en Wayback Machine.