Rabia al Adawiyya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rabia al Adawiyya
Rabia al-Adawiyya.jpg
Nacementoanos 710xuliano
Lugar de nacementoBasora
Falecemento801
Lugar de falecementoBasora
SoterradaMonte das Oliveiras
NacionalidadeCalifato omeia, Abbásida e Iraq
RelixiónSufismo
Ocupaciónpoeta, filósofa e mystic
editar datos en Wikidata ]

Rabia al Adawiyya al Qaysiyya (en árabe رابعة العدوية القيسية) ou Rabia Basri, nada en Basora entre 713 e 717 e finada en 801, foi unha poeta e mística musulmá sufí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco é o que se coñece da súa vida, existen múltiples tradicións baseadas en haxiografías[1]. Algunhas tradicións descríbena como unha antiga escrava liberada que renunciou ao matrimonio e aos praceres efémeros para dedicarse só a Alá[2]. Na mundo islámico vivíase unha etapa de incremento do ascetismo e Basora era unha das escolas máis influentes e debía a súa orixe a Hassan al-Basri e de Basora era tamén Al-Jahiz. Rabi está considerada unha figura importante da espiritualidade sufí e foi ela a que introduciu o ideal sufí do amor a Alá, mudando o ascetismo en misticismo[3]. Ibn Arabi evocou a súa obra poética na súa principal obra Kitâb Al-Futūḥāt al-Makkiyya.

Filosofía[editar | editar a fonte]

A principal ensinanza da obra de Rabia é o amor místico e a amizade con Deus. Todo verdadeiro amador vai á procura da intimidade co seu amado, como ha facer o verdadeiro crente con Deus. E distingue entre o amor egoísta e pasadío por Deus, só para obter o seu favor, e o amor digno e duradeiro, que constitúe o amor á beleza de Deus. Como todos os sufís ao cabo buscou a unidade coa divinidade (an-nafs aṣ-ṣāfīyyah). O amor (ḥubb) é só para Deus, non para os seus profetas nin outros símbolos relixiosos. A Deus hai que o amar por si mesmo, non por medo ao inferno e o desexo de acadar o Paraíso. Neste pensamento reside a innovación de Rabi, que se converteu no criterio estándar do sufismo posterior[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Juan Eduardo Campo (2009). Encyclopedia of Islam. Facts on File. p. 578. 
  2. Aaron W. Hughes (2013). Muslim Identities: An Introduction to Islam. Columbia University Press. p. 168. 
  3. Annemarie Schimmel. "Sufism". Encyclopædia Britannica. 
  4. Hanif, N. (2002). Biographical Encyclopaedia of Sufis. II Central Asia and Middle East. Sarup & Sons. pp. 108–110.