Raúl Santamaría
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1998 Vilagarcía de Arousa |
| 2024 – | |
| Concelleiro | |
| 2022 – | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Popular de Galicia |
Raúl Santamaría González, nado en Vilagarcía de Arousa en 1998, é un mestre e político galego do Partido Popular de Galicia. Dende 2024 é deputado no Parlamento de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É profesor de educación primaria, graduado pola Universidade de Vigo, e presidente de Novas Xeracións do Partido Popular en Vilagarcía de Arousa. Desde 2024 é deputado no Parlamento de Galicia, onde forma parte do Grupo Parlamentario Popular. En 2022, converteuse en concelleiro de Vilagarcía de Arousa en substitución de Manuel Méndez, que deixou a acta por motivos laborais.[1] En febreiro de 2024 foi candidato pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2024, resultando elixido deputado autonómico.[2]
Paralelamente á súa actividade política, alcanzou notoriedade pública como integrante do equipo Mozos de Arousa, co que participou no concurso televisivo ''Reacción en cadena'', emitido por Telecinco e presentado por Ion Aramendi. Formou o equipo canda o seu irmán Borja Santamaría, e mais Bruno Vila.[3] Os tres permaneceron no concurso durante preto dun ano e medio e obtiveron un premio acumulado de 2.630.177 euros, o maior concedido ata ese momento nun concurso da cadea[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Raúl Santamaría e Inmaculada Villarroya toman posesión como concejales del PP". Faro de Vigo. 29 de marzo de 2022. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
- 1 2 "Los Mozos de Arousa, eliminados tras ganar 2,6 millones de euros en 'Reacción en cadena. ¿Cuánto pagarán a Hacienda?" (en castelán). 19 de novembro de 2024. Consultado o 9 de xullo de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raúl Santamaría |