Raúl Carballeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaúl Carballeira
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Coronel Suárez, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 1948 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Raúl Carballeira Lacunza, nado en Coronel Suárez (provincia de Buenos Aires) o 28 de febreiro de 1918[1] e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1948, foi un anarquista e guerrilleiro antifranquista arxentino, de ascendencia galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Autodidacta, nunca foi á escola. Sendo mozo percorreu a Arxentina escribindo poemas e propagando o anarquismo. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba no Uruguai, de onde partiu a Cataluña. Chegou a Barcelona a finais de 1937 como polisón, con Federico Gerardo Rufinelli e Sergio Chávez. En abril de 1938 incorporouse á fronte de Aragón encadrado na XXVI División. Meses despois dedicouse a tarefas propagandísticas na Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL) e traballou de tramollista nun teatro barcelonés.

Coa derrota republicana pasou a fronteira francesa e foi internado en Santo Cebrià, Argelers, Barcarès e Bram entre 1939 e 1941. En 1942 marchou a Marsella, onde contactou con Diego Camacho e Liberto Sarrau para preparar o regreso clandestino a España, quedando como contacto en Tolosa. En 1943 participou na resistencia en Bordeos. Despois da liberación editou o semanario Impulso (1945), portavoz do anticolaboracionismo e defensor das teses anarquistas, con Felipe Alaiz e Diego Franco Cazorla, e interveu na reconstrución da FIJL. Foi secretario de Relacións do primeiro Comité Peninsular da FIJL creado en abril de 1945 en Tolosa. En maio de 1945 participou no I Congreso da Confederación Nacional do Traballo (CNT) en París.

En marzo de 1946 deixou o cargo de secretario de Relacións da FIJL para integrarse na resistencia antifranquista. Pasou a Cataluña con Amador Franco e colaborou no lanzamento clandestino de Ruta en Barcelona. Fixo unha xira polo País Valenciá, Andalucía e Madrid con Manuel Fernández Rodríguez para reorganizar a FIJL do Interior. Foi membro do Comité Rexional de Cataluña da CNT, secretario da Federación Local das Juventudes Libertarias de Barcelona e militante do grupo de acción Tres de Mayo, con Liberto Sarrau e Francisco Martínez Márquez. Permaneceu en Barcelona como delegado do Exilio, reorganizou as Juventudes Libertarias barcelonesas logo da caída de decembro de 1946 e despois volveu a Francia. En 1946 participou en mítíns en Montpellier e Saint-Etiève. En 1947 foi delegado por Tolosa no Congreso da CNT e do Movemento Libertario Español (MLE) de Tolosa.

A finais de 1947 volveu incorporarse á resitencia antifranquista despois de representar a España no Congreso da Federación Anarquista Italiana (FAI). En decembro visitou a Amador Franco na prisión de San Sebastián e en xaneiro de 1948 a Abel Paz na prisión Modelo de Barcelona. O 13 de xuño de 1948 conseguiu salvar a vida e fuxir do cerco policial, pero caeu nunha emboscada montada polo comisario Eduardo Quintela Bóveda, cando ía a unha cita en Montjuic. Caeu morto ou suicidouse para non ser atrapado o 26 de xuño de 1948 nos xardíns de Montjuic. O seu cadáver foi soterrado no cemiterio de Can Tunis e anos despois acabou nunha fosa común.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La F.I.J.L. en la lucha por la libertad, 1961 (con Amador Franco).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Outras fontes sitúan a súa data de nacemento en 1917.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García, Víctor (1961). Raúl Carballeira : contribución a una biografía. Paris: Solidaridad Obrera. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]