Raúl Caneda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raúl Caneda
Raul Caneda2.jpg
Información persoal
Nome Raúl Caneda Pérez
Nacemento 21 de xaneiro de 1969
Lugar de nacemento O Grove
Adestrador
Anos Equipos
2006–2007 Dorados de Sinaloa (2º adestrador)
2007–2009 Real Sociedad (2º adestrador)
2009–2011 Almería (2º adestrador)
2012–2013 Al Ittihad
2014 Al Nassr
2016 Al Nassr
2019 Umm Salal
editar datos en Wikidata ]

Raúl Caneda Pérez, nado no Grove o 21 de xaneiro de 1969, é un adestrador de fútbol galego, cuxa carreira se desenvolveu principalmente en Oriente Medio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán do tamén adestrador David Caneda,[1] comezou a súa andaina nos bancos como segundo adestrador de Juanma Lillo. Exerceu este labor co técnico vasco no Dorados de Sinaloa, en México; na Real Sociedad e no Almería.[2]

A súa primeira gran experiencia como primeiro adestrador foi no Al Ittihad, club ao que chegou a inicios do 2012. Co equipo saudita clasificouse primeiro no seu grupo da Liga de Campións da AFC e a continuación eliminou en oitavos de final ao Persépolis FC iraniano e en cuartos ao Guangzhou de Marcelo Lippi.[2] A súa aventura na máxima competición asiática acabou nas semifinais, onde foi eliminado polo tamén saudita Al Ahli Saudi FC. En febreiro de 2013, cunha irregular traxectoria en liga, club e técnico acordaron rescindir o seu contrato.[3]

En maio de 2014 regresou ao fútbol saudita para adestrar o Al Nassr de Riad.[3] Foi destituído cinco meses despois, a pesar de ir liderando a liga saudita.[4] Volveu ao club da capital saudita en febreiro de 2016 para substituír a Fabio Cannavaro, e adestrouno ata o final da tempada.[5]

En xaneiro de 2019 converteuse en adestrador do Umm-Salal da liga de Qatar, ao que adestrou até novembro do mesmo ano.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

En 1999 publicou o libro La zona en el futbol, con prólogo de Jorge Valdano, Juanma Lillo e Víctor Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Raúl y David Caneda, dos hermanos que conquistan el fútbol de Arabia y México". Diario de Arousa (en castelán). 6 de maio de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Ramiro, Emmanuel (17 de outubro de 2012). "Raúl Caneda: “Estoy ante el partido más importante de mi carrera”" (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Antelo, Iván (3 de maio de 2014). "Raúl Caneda ficha por el Al Nassr". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  4. "النصر يقيل رسميا مدربه الإسباني كانيدا" (en árabe). 1 de novembro de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  5. "Raúl Caneda ficha por el Al Nassr". Marca (en castelán). 19 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  6. "El pontevedrés Raúl Caneda, nuevo entrenador del Umm-Salal Sport Club de Catar". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de xaneiro de 2019. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]