Raúl Alberto Lastiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaúl Alberto Lastiri

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1915 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires
Morte11 de decembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Buenos Aires
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Linfoma Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de La Chacarita Editar o valor em Wikidata
Cargos
Presidente da Arxentina
Período13 de xullo - 12 de outubro de 1973
AntecesorHéctor José Cámpora
SucesorJuan Domingo Perón
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónadministrador público e político
Partido políticoPartido Justicialista - PJ
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Lastiri-1 Find a Grave: 24875135 Editar o valor em Wikidata

Raúl Alberto Lastiri, nado en 1915 e finado en 1978, foi administrador público e político arxentino, que foi presidente da Arxentina entre o 13 de xullo e o 12 de outubro de 1973.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presidiu brevemente a Nación tras a renuncia ao seu cargo de Héctor José Cámpora e do vicepresidente Vicente Solano en 1973. Nese momento, por influencia do ministro López Rega, considerou conveniente interfirir o dispositivo constitucional de sucesión presidencial, para o cal se mandou ao vicepresidente provisional do Senado, Díaz Bialet (segundo na liña sucesoria), a unha viaxe a Europa cun obxectivo incerto. Deste xeito, o terceiro na liña constitucional, é dicir, o presidente da Cámara de Deputados, Raúl Lastiri, puido asumir provisionalmente a presidencia e convocar a novas eleccións, nas que entregou o mando a Juan Domingo Perón, electo para o seu terceiro mandato.

Durante o breve goberno de Lastiri -que fora escolleito deputado polo partido Fronte Xusticialista de Liberación arxentino, pese a pertencer á á conservadora do xusticialismo- produciu un xiro á dereita no goberno peronista; Lastiri era parente e seguidor do célebre ideólogo da Alianza Anticomunista Arxentina José López Rega, a quen Perón seleccionara como ministro do Benestar Social para o goberno de Cámpora.

Alberto Juan Vignes, tamén afín ás ideas de López Rega, emprazou a Juan Carlos Puig en Relacións Exteriores e Benito Llambí a Esteban Righi, considerado afín a Monteneros, como ministro de Interior.

A política exterior seguiu un perfil do terceiro mundo. En agosto de 1973, a Arxentina concedeu a Cuba un préstamo de 200 millóns de dólares para adquirir maquinarias e automóbiles. José Ber Gelbard, tamén confirmado como ministro de Economía, continuou coa súa política anterior, nacionalizando os depósitos bancarios e anunciando un Plan Trienal de desenvolvemento.

Lastiri detivo as medidas de amnistía e pacificación dos presos políticos do réxime de Lanusse que tomara Cámpora con amplo apoio popular, co que cara ao final do seu mandato empeoraron as accións de Montoneros e do Exército Revolucionario do Pobo da Arxentina.

O 25 de setembro de 1973, o secretario xeral da CGT, Confederación Xeral do Traballo, José Ignacio Rucci foi asasinado; aínda que na primeira instancia negaron a autoría, finalmente descubriuse a implicación dos membros de Montoneros nos feitos. Ese mesmo mes, o ERP asaltaba o Comando de Sanidade do Exército no barrio de Parque Patricios da Cidade Autónoma de Buenos Aires, cun saldo dun morto, o que se utilizou para xustificar a súa ilegalización e a clausura do diario El Mundo.

Acusouse a Lastiri de ter vínculos coa loxa masónica P2 de Licio Gelli.

Presidente da Arxentina

Segue a:
Héctor José Cámpora
Raúl Alberto Lastiri
Precede a:
Juan Domingo Perón
Partido Justicialista - PJ

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]