RT-2UTTH Topol M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O RT-2UTTH "Topol M" e o máis recente mísil balístico intercontinental despregado por Rusia, e o primeiro que desenvolve trala disolución da Unión Soviética. No código da OTAN, leva o nome de SS-27 "Topol" (choupo en ruso).

  • Entrada en servizo: 1997
  • Lonxitude: 21,9 m
  • Diámetro máximo: 1,9 m
  • Número de etapas: 3
  • Autonomía: 11.000 - 11.500 km
  • Masa ó despegue: 41,7 t

Este mísil de combustible sólido, pode transportar de unha a seis testas de guerra cunha carga de pago de entre 1 e 1,2 t.

O seu desenvolvemento comezou a finais dos 1980, en 1994 realizou a súa primeira proba de voo e en decembro de 1997 comezou o seu despregue en silos de SS-19 modificados. É producido polo Instituto de Tecnoloxía Termal de Moscova. En decembro de 2005 despregaran 42 unidades deste modelo.

Unha versión submariña está sendo desenvolvida (Bulava), co código OTAN SS-NX-30.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: RT-2UTTH Topol M