República Socialista de Bosnia e Hercegovina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «RS de Bosnia e Herzegovina»)
Modelo:Xeografía políticaRepública Socialista de Bosnia e Hercegovina

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°52′N 18°25′L / 43.87, 18.42Coordenadas: 43°52′N 18°25′L / 43.87, 18.42
Estado desaparecidoRepública Federal Socialista de Iugoslavia Editar o valor em Wikidata
CapitalSaraxevo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficialLingua serbocroata Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación28 de abril de 1945 Editar o valor em Wikidata
Disolución3 de marzo de 1992 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porRepública da Bósnia e Herzegovina (pt) Traducir e Republika Srpska (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoEstado socialista Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Parlamentar da Bósnia e Herzegovina (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Moedadinar iugoslavo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

A República Socialista de Bosnia e Hercegovina (en serbocroata: Socijalistička Republika Bosna i Hercegovina, Социјалистичка Pепублика Босна и Херцеговина) foi un dos estados socialistas que formaban a antiga República Federal Socialista de Iugoslavia. É o predecesor da actual Bosnia e Hercegovina, e formouse durante unha sesión da resistencia antifascista en Mrkonjić Grad o 25 de novembro de 1943. A República socialista disolveuse en 1990, cando abandonou as institucións comunistas e aprobou sistemas democráticos.

A súa capital foi a cidade de Saraxevo, que se mantivo trala independencia do país.

As fronteiras da RS de Bosnia e Hercegovina eran case idénticas ás que tivo Bosnia durante o período de ocupación do Imperio Austro-Húngaro que se mantivo até 1918. Ese ano Bosnia pasou a formar parte do Reino de Iugoslavia e o territorio foi dividido entre as banovias (condados).

Política[editar | editar a fonte]

Aínda que era considerada como un remanso político da federación durante as décadas de 1950 e 1960, nos anos 70, Bosnia e Hercegovina tivo un forte ascenso da súa clase política. Mentres traballaban cun sistema comunista, políticos como Džemal Bijedić, Branko Mikulić e Hamdija Pozderac reforzaron e protexeron a soberanía do país. Os seus esforzos foron clave durante o turbulento período que sucedeu trala morte de Tito en 1980, e hoxe considéranse como os primeiros pasos cara a independencia de Bosnia e Hercegovia. Porén, a república apenas puido escapar do incremento dos nacionalismos na época.

Seguindo á morte de Tito en 1980, as ideas nacionalistas xurdiron principalmente entre os académicos serbios, premidos para facer fronte ás acusacións do crecente nacionalismo na súa propia sociedade. Un dos eventos máis controvertidos que foron tomados por un liderado político foi o chamado proceso de Saraxevo en 1983, onde, baixo unha presión significativa dos dirixentes de Serbia, a elite política de Bosnia utilizou a súa influencia para conseguir condenas para varios nacionalistas musulmáns, como un tipo de sacrificio político para gañar puntos na loita contra os nacionalistas serbios.

O proceso se Saraxevo, centrado en condenar a Alija Izetbegovic por escribir "A Declaración islámica", unha obra literaria que estaba considerada polo réxime comunista iugoslavo, como un enfoque radical contra os ideais socialistas, que se basea na supresión do nacionalismo e calquera violación da doutrina foi castigado pola lei. Tales ensaios no réxime comunista eran bastante comúns e unha práctica típica de suprimir o dereito á liberdade de expresión. Os políticos bosníacos empregaron esta práctica para reafirmar a súa oposición política ás tendencias nacionalistas dos serbios e, en particular, a oposición á política de Slobodan Milošević que trataba de reverter as reformas constitucionais de 1970 que adxudicaran aos bosníacos o rango de etnia constituínte.

Independencia de Iugoslavia[editar | editar a fonte]

A República Socialista de Bosnia e Hercegovina foi renomeada como República de Bosnia e Hercegovina o 8 de abril de 1992[1] perdendo así o adxectivo "Socialista".[1] Estableceuse un sistema multipartidista e comezou a desprazarse cara a un sistema capitalista. A república mantivo os símbolos socialistas até o final das guerras iugoslavas. En 1992, a república de Bosnia e Hercegovina declarou a súa independencia da República Federal Socialista de Iugoslavia comezando así a guerra de Bosnia.[2]

Líderes[editar | editar a fonte]

Presidentes[editar | editar a fonte]

Primeiros Ministros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Uredba o izmjeni naziva Socijalističke Republike Bosne i Hercegovine. in: "Službeni list Republike Bosne i Hercegovine". I., br. 1, 9. aprila 1992., str. 1.
  2. Worldstatesmen: Bosnia 1992