RD-108

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «RD-108-8D75K»)
RD-107
Motor RD-108 en exposición.
País de orixeUnión Soviética[1]
DeseñadorGlushko[1]
AplicaciónMotor principal da etapa central do mísil R-7.[1]
Lanzador asociadoRD-107
Motor de combustible líquido
PropelenteOsíxeno líquido[1] / Queroseno[1]
Rendemento
Pulo912,0 kN[1]
Taxa de pulo a peso72,76[1]
Presión na cámara51 bares[1]
Impulso específico308 s[1]
Isp (nivel do mar)241 s[1]
Tempo de acendido340 s[1]
Dimensións
Lonxitude2,86 m[1]
Diámetro0,67 m[1]
Peso seco1278 kg[1]
Usado en
R-7[1]

RD-108 é a designación do motor foguete que propulsou o primeiro mísil balístico intercontinental, o R-7 soviético, do que posteriormente descenderían os lanzadores Soiuz e os diferentes lanzadores Vostok.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O motor RD-108, xunto co RD-107, foi desenvolvido por Glushko entre 1954 e 1955 e usa catro cámaras de combustión alimentadas por unha soa turbobomba. Os primeiros intentos de crear un motor suficientemente potente para poder propulsar un mísil balístico intercontinental levaron a Glushko a probar motores cunha soa gran cámara de combustión, pero as inestabilidades do fluxo de propelente e da propia combustión o levaron a usar un deseño de varias cámaras máis pequenas. Co tempo o motor foi sufrindo melloras e variantes para os diferentes modelos de foguetes Soiuz.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 Mark Wade (2021). "RD-108-8D75" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]