Río Vipava
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Final | ||||
Localización | Río Isonzo | |||
| ||||
Conca hidrográfica | Soča basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 49 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 598 km² | |||
O río Vipava (en esloveno; Vipacco en italiano e Wipbach / Wippach en alemán) é un río que percorre o oeste de Eslovenia e o nordeste de Italia. Ten unha lonxitude de 49 quilómetros dos que 45 transcorren en Eslovenia.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Nace no Monte San Lorenzo (Eslovenia) a partir de seis mananciais,[1] en Ivančna Gorica, cruza a meseta do Kras (ou Carso) e, ao entrar en Italia, desemboca no Isonzo (ou Soča en esloveno) co concello de Savogna d'Isonzo. O seu val é coñecido polo cultivo de árbores froiteiras e videiras e, na antigüidade, representaba unha importante vía de comunicación a Liubliana e a todo o val do Danubio.
A súa conca é de 760 km² e un caudal medio de 17,31 m3/s (en 1971-2000).[1] O seu réxime é pluvio-nival no curso superior e pluvial no inferior.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 394, nos arredores do río produciuse a denominada batalla do río Frigidus (do latín, Frigidus, é dicir "frío) entre os partidarios de Teodosio e os do usurpador Uxío.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Vipava". camisproject.eu (en esloveno). 2021. Consultado o 24 de maio de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ Brečko Grubar, Valentina; Kovačič, Gregor (2010). "Pokrajinskoekološka oznaka jadranskega povodja v Sloveniji s poudarkom na kakovosti vodnih virov". Annales. Series historia et sociologia (en esloveno) 20 (1): 153–168.
- ↑ Jiménez Garnica, Ana Mª (2010). Nuevas Gentes, Nuevo Imperio: Los Godos Y Occidente en El Siglo V (ebook) (en castelán). Madrid: UNED. ISBN 978-84-362-6174-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Vipava |