Río Vardar
| (el) Βαρδάρης (mk) Вардар | |||||
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| Continente | Europa | ||||
| División administrativa | Delta Municipality, Grecia (en) | ||||
| Localización | Montes Šar | ||||
| Final | |||||
| Localización | Mar Exeo | ||||
| |||||
| Afluentes | 25 | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 388 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 24.438 km² | ||||
O río Vardar ou Axios é o río máis longo de Macedonia do Norte e un dos principais de Grecia, onde desemboca no mar Exeo en Tesalónica.[1] Ten unha lonxitude de 388 km, dos cales 76 km transcorren por Grecia; ten unha área duns 25 000 km². A súa profundidade máxima é de 4 metros.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Vardar podería derivarse do tracio, malia que o dardanio, o peonio, o macedonio e o grego antigo tamén se falaban nas súas marxes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río ten a súa orixe en Vrutok, unha vila a poucos quilómetros ó suroeste de Gostivar, en Macedonia do Norte. Despois, atravesa Gostivar, Skopje e Veles, para logo cruzar a fronteira grega preto de Gevgelija, Polykastro e Axioupoli (a "cidade do Axios"). O río desemboca no golfo termaico, na Macedonia Central, ó oeste de Tesalónica, no norte de Grecia. Alí forma un gran delta fluvial xunto cos ríos Lidias e Haliacmón, que forma parte do Parque Nacional do delta do Axios.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The rivers – Axios Delta National Park". axiosdelta.gr. Consultado o 2026-03-30.
- ↑ "The creation of the Delta – Axios Delta National Park". axiosdelta.gr. Consultado o 2026-04-01.
