Río Tweed
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
División administrativa | Scottish Borders, Reino Unido (pt) e Northumberland, Reino Unido | ||||
Localización | Tweed's Well (en) | ||||
Final | |||||
Localización | Mar do Norte | ||||
| |||||
Afluentes | River Till (en) , Ettrick Water (en) , River Teviot (en) , River Leader (en) , Whiteadder Water (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 156 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 3.900 km² | ||||
Sitio de especial interese científico | |||||
O río Tweed (ou Uisge Thuaidh en gaélico) é un río existente na rexión de Escocia, no Reino Unido, que ten unha lonxitude total de 156 km, sendo o undécimo río pola súa lonxitude de todo o Reino Unido e o cuarto de Escocia. O río Tweed atravesa completamente a rexión dos Scottish Borders.
O río ten o seu nacemento no lugar coñecido como Tweed´s well, recollendo e drenando as augas de todo o conxunto da zona dos Borders. A parte máis meridional do seu curso é a que marca a fronteira de Escocia con Inglaterra (concretamente con Northumberland) ao longo dun total de 27 km, nas proximidades da cidade de Berwick-upon-Tweed. O río remata o seu curso no mar do Norte. Por outra banda, o río Tweed é un dos grandes ríos salmoneiros de Escocia.
As principais cidades atravesadas polo Tweed desde o seu nacemento ata a súa desembocadura son Peebles, Galashiels, Melrose, Kelso, Coldstream e Berwick-upon-Tweed, lugar onde finalmente o río desemboca no mar do Norte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Tweed |