Río Saskatchewan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Saskatchewan
PaísCanadá
NacementoMontañas Rochosas Canadenses
Lonxitude550 km
Conca146.100 km²
Caudal medio280 m³/s
DesembocaduraLago Winnipeg
Conca do río Saskatchewan

O río Saskatchewan é un dos principais ríos do Canadá, con aproximadamente 550 quilómetros de longo, discorre cara ao leste a través das provincias de Saskatchewan e Manitoba para desembocar no Lago Winnipeg. Xunto cos seus afluentes Saskatchewan do Norte e Saskatchewan do Sur, a súa conca abarca a maior parte da rexión central das Pradarías canadenses, prolongándose cara ao oeste ata as Montañas Rochosas Canadenses en Alberta e o norte de Montana nos Estados Unidos. Isto supón aproximadamente 1.939 quilómetros ata a súa cabeceira no río Bow, un afluente do Saskatchewan do Sur en Alberta.

Descrición[editar | editar a fonte]

Fórmase na zona central de Saskatchewan, aproximadamente 40 quilómetros ao leste de Prince Albert, pola confluencia das súas dúas ramas principais, Saskatchewan do Norte e Saskatchewan do Sur, no Saskatchewan River Forks. A fonte de ámbolos dous ríos provén dos glaciares das Montañas Rochosas en Alberta.

A corrente combinada flúe á vez leste-nordés, cara ao Lago Codette formado pola presa de Nipawin e cara ao Lago Tobin, formado pola presa E.B. Campbell. Logo flúe nordés, fóra do bordo das saias das Grandes Chairas sobre o Escudo Canadense, atravesando unha rexión de pantanos, onde se xunta polo noroeste co río Torch e co río Mossy. Pola parte norte dos pantanos flúe cara ao leste, enroscándose ao redor dunha serie de pequenos lagos cara ao oeste central de Manitoba ata O Pas, onde se lle une polo suroeste o río Carrot. Ao sueste do Pas, forma varios arroios nun delta á beira noroeste do Lago Cedar, deixando o lago polo seu extremo sueste e fluíndo aproximadamente 5 km ata o lago Winnipeg, entrando na beira norte de Long Point.

O nome do río, como a provincia de Saskatchewan, deriva da lingua cree: kisiskāciwani-sīpiy, que significa "río de curso veloz"[1]. O río e os seus afluentes proporcionaron unha importante ruta de transporte para os nativos americanos e os primeiros trampeiros europeos.

No río hai construídas centrais hidroeléctricas en Nipawin, E.B. Campbell (antes Squaw Rapids) en Saskatchewan e en Grand Rapids en Manitoba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nomes xeográficos do Canadá". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2008. Consultado o 06 de agosto de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]