Río Pedja
Aparencia
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | Estonia | |||
| Final | ||||
| Localización | Emajõgi | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 124,9 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 2.688,3 km² | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 10,9 m³/s | |||
O río Pedja (en estoniano: Pedja jõgi) é o cuarto río máis longo de Estonia. A súa fonte atópase preto de Simuna, nas ladeiras meridionais dos outeiros de Pandivere. O río discorre durante 122 km ao longo dos condados de Lääne-Viru, Jõgeva e Tartu antes de unirse ao río Emajõgi ao nordeste do lago Võrtsjärv. Os derradeiros 4 km do río despois da confluencia co río Põltsamaa coñécense como Pede. O meirande asentamento ao pé do río é Jõgeva.
O Pedja é tamén a orixe do nome da reserva natural Alam-Pedja, unha ampla zona protexida no curso baixo do río.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Spring on Pedja river | Alam-Pedja". www.loodushoid.ee. Consultado o 2024-12-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Pedja |
| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |

