Río Iregua
Río Iregua | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | A Rioxa |
Nacemento | Hoyos de Iregua (Serra Cebollera) |
Altitude | 1.900 m |
Lonxitude | 64 km |
Conca | 690 km² |
Desembocadura | Río Ebro |

O Iregua é un río español da comunidade autónoma da Rioxa, que despois de 64 km de curso deita as súas augas no Ebro, pola súa marxe dereita.
Percorrido[editar | editar a fonte]
O Iregua nace en Hoyos de Iregua, na Serra Cebollera, a uns 1.900 m de altitude, cruza as comarcas de Cameros e Logroño, e desauga na beira dereita do río Ebro, preto da cidade de Logroño. A súa dirección de curso é sur-norte. A súa conca abrangue 690 km².
Afluentes[editar | editar a fonte]
Entre os tributarios principais, todos de curta lonxitude, cabe sinalar os seguintes:
Localidades que atravesa[editar | editar a fonte]
As localidades principais que baña son Villoslada de Cameros, Villanueva de Cameros, Pradillo, Torrecilla en Cameros, Islallana, Alberite e Barea.
Explotación[editar | editar a fonte]
Hai dous encoros que represan as augas do Iregua: Pajares e González Lacasa, entre ambos os dous encoran 70 hm³ de auga.