Río Dâmbovița

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Río Dâmboviţa»)
Río Dâmbovița
O río Dâmbovița preto de Măneşti
PaísRomanía
Altitude2.100 msmn
Lonxitude258 km
Caudal mediom³/s
DesembocaduraRío Argeş

O Dâmbovița (en romanés [ˈdɨmbovit͡sa] (AFI)) é un río de Romanía, cunha lonxitude de 258 km, subafluente do Danubio, e que baña a capital do país, Bucarest.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O río ten a súa orixe nas Montañas Făgăraş. No seu curso pasa por Bucarest, antes de se unir ao río Argeş, pola súa beira esquerda, en Budeşti, na provincia de Călăraşi. A súa conca cobre unha área de 2.837 km2.

A provincia de Dâmbovița recibe o seu nome do río, xa que a baña en boa parte do seu percurso.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Entre os numerosos afluentes do río, destaca, pola esquerda, o río Colestina.

Cidades que atravesa[editar | editar a fonte]

O Dâmbovița atravesa os seguintes concellos, poboacións e cidades:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]