Río Cunene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 17°5′20″S 11°45′08″L / -17.08889, -11.75222

Río Cunene
Río Cunene
País Angola
Namibia Namibia
ContinenteÁfrica
NacementoAltiplano central de Angola
Altitudenacemento (n/d)
Lonxitude1 126 km
Conca106 560 km²
Caudal medio174 m³/s
DesembocaduraOcéano Atlántico
Altitude desembocadura0 m
Localización do río Cunene
En negro, treito en que fai fronteira entre Angola e Namibia

O río Cunene (en ortografía de Angola), ou río Kunene (en ortografía de Namibia), é un longo río do suroeste da África austral, que flúe desde as serras de Angola cara a Namibia, país co que forma fronteira no seu treito inferior, ata desembocar no océano Atlántico

Cataratas Epupa.

É un dos poucos ríos permanentes da rexión. Ten unha lonxitude de 1 050 km, unha conca de 106 560 km² e un caudal medio anual de 174 m³/s na súa desembocadura.[1]

No río encóntranse as cataratas Epupa (en inglés, Epupa Falls; en portugués, Quedas do Monte Negro), cataratas localizadas no treito fronteirizo do río.

Alí, o río ten 0,5 km de ancho e cae por unha serie de fervenzas nun treito de 1,5 km, sendo a caída maior de 20 m.

O encoro de Epupa[editar | editar a fonte]

O goberno de Namibia pretende construír sobre o río o encoro de Epupa. Esta é unha controvertida presa hidroeléctrica, que pode danar o ecosistema local e a base socioeconómica dos himba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nakayama, Mikiyasu (2003). International Waters in Southern Africa (PDF). United Nations University Press. pp. 9. ISBN 9-2808-1077-4.