Río Camlad
Río Camlad | |
---|---|
![]() O Camlad ao noroeste de Chirbury, marcando o límite entre Inglaterra e Gales | |
País | Gales e Inglaterra |
Nacemento | zona de Snead e Lydham |
Desembocadura | río Severn |
O río Camlad é un pequeno río que rega os condados de Powys e Shropshire e que en tramos establece o límite entre Gales e Inglaterra, antes de abocar no río Severn. É o único río que desde Inglaterra entra en Gales,[1] facéndoo por dúas veces.
O río nace na zona de Snead e Lydham (Inglaterra) e discorre cara ao oeste para facer de raia entre Gales e Inglaterra antes de fluír cara ao noroeste e entrar en Gales, onde pasa por Yr Ystog e recibe ao río Caebitra para se dirixir ao norte, cruzando a fronteira para pasar de novo a Inglaterra, ao leste de Chirbury antes de dar a volta ao oeste de novo para formar por segunda vez o límite entre Inglaterra e Gales, transcorrendo cara o noroeste dentro de Gales desaugando no Severn ao oeste de Forden.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Raven, M (2005) A Guide to Shropshire p 50