Río Ardèche
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| Altitude inicial | 1.430 m | ||||
| División administrativa | Ardèche, Francia e Francia | ||||
| Localización | monts du Vivarais (en) | ||||
| Final | |||||
| División administrativa | distrito de Nîmes, Francia | ||||
| Localización | Pont-Saint-Esprit | ||||
| Desembocadura | Río Ródano | ||||
| |||||
| Afluentes | Volane (en) | ||||
| Conca hidrográfica | Rhône basin (en) | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 39 m | ||||
| Dimensións | 125,1 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 2.430 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 65 m³/s | ||||

O Ardèche (en occitano Ardecha) é un río do sur de Francia, afluente pola dereita do Ródano, e cunha lonxitude de 120 km. Dá o seu nome ao departamento que baña: Ardèche; mais a súa conca abrangue tamén os departamentos de Lozère e do Gard.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Nasce no Vivarais, preto do Col de la Chavade (Macizo Central), no bosque de Mazan no concello de Astet, a uns 1.200 m de altitude. Logo de Aubenas e Ruoms, recibe as augas do Chassezac; despois afúndese, a partir de Vallon-Pont-d'Arc, na célebre garganta homónima durante algúns quilómetros. Xúntase ao Ródano en Pont-Saint-Esprit.
Afluentes e conca
[editar | editar a fonte]Entre os tributarios maiores do Ardèche cómpre citarmos:
A conca do Ardèche cobre 2.430 km2.
Réxime
[editar | editar a fonte]O Ardèche está suxeito a un réxime extremadamente torrencial. Con 65 m3/s de caudal na desembocadura, é o principal tributario pola beira dereita do baixo Ródano. As súas augas corren moi baixas no verán estate e impoñentes durante o outono, cando polas grandes chuvias da estación pode atinxir valores de case 8.000 m3/sec, influenciando de modo notorio as cheas do mesmo Ródano.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Ardèche |
