Río Valderaduey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Río Araduey»)
Río Valderaduey
O Valderaduey preto da súa desembocadura
PaísEspaña
NacementoVallehondo
Mantinos (Palencia)
Lonxitude146 km
Conca3.722 km²
Caudal medio4,91 m³/s
DesembocaduraRío Douro

O río Valderaduey é un curso fluvial de Castela, afluente do río Douro pola marxe dereita.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Historicamente, o río chamouse Aratol e de aí derivou en Araduey e despois en «Val d'Aratol» e «Valderaduey».

Percorrido[editar | editar a fonte]

O río Valderaduey nace na paraxe de Vallehondo, limitando coas provincias de León, no monte de Riocamba, e de Palencia, no termo municipal de Mantinos, comunidade autónoma de Castela e León.

Os seus principais afluentes son os ríos Valdehunco, Bustillo, Navajos, Salado e Sequillo. Sen o río Sequillo morrería sen auga en Zamora.

Atravesa os termos municipais de Sahagún -municipio máis importante polo que discorre-, Becilla de Valderaduey e Villalpando. Desemboca na marxe dereita do Douro, á altura de Villagodio, a uns 3 km de Zamora.

O río percorre pequenas poboacións de vivendas feitas de tapial e adobes, como a cor da auga que arrastra o mesmo material. Moitas aldeas que atravesa levan o seu nome. Discorre apracible e sen sobresaltos camiño da desembocadura. Canalizado para evitar as riadas invernais, nas épocas de pesca acolle pescadores de cana (barbos e carpas) e reteles (cangrexos).