Réaltán Ní Leannáin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRéaltán Ní Leannáin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Belfast, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , conferenciante Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTrinity College Dublín
Dublin City University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua irlandesa Editar o valor em Wikidata

Réaltán Ní Leannáin, nada en Belfast en 1960 é unha escritora irlandesa.[1]

Nós Diario publicou en setembro de 2021 o seu relato Golpe de estado no proxecto Un verán en Galeusca, impulsado entre VilaWeb, Berria e Nós Diario, coa novidade da participación do medio irlandés Belfastmedia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa mocidade e adolescencia durante os anos sesenta e setenta en Belfast, para despois vivir en Dublín.

Réaltán comezou a ensinar irlandés e español en escolas de secundaria nivel nos anos oitenta. Pasou un tempo por toda España e ten experiencia en moitos dos diferentes idiomas que se falan no estado. Despois pasou á educación superiro, impartindo clases de educación no Trinity College e na Dublin City University . De alí foi á Queen's University, Belfast.

Mentres daba clases na Queen's University desenvolveu un cancro. Non obstante, superou esta dificultade e escribe desde 2007. Publicou unha colección de poesía, Turas Ailse (2011), baseada nesta experiencia. Leva blogs sobre cancro[2] e outros aspectos da súa vida e repasa libros acabados de publicar.[3] Tamén colabora con chíos nas redes.[4]

En 2015 Cló Iar-Chonnacht publicou a súa colección de relatos, Dílis, unha visión desapiadada das mulleres sobre a vida. Tiña moita demanda e provocou controversia coa súa decidida perspectiva.

Réaltán é a primeira escritora irlandesa en ser seleccionada polo Foras na Gaeilge para o proxecto internacional de escritura Focail Eile. Este é un programa de asociación entre organizacións culturais de toda Europa co obxectivo de establecer unha rede de colocacións creativas para escritores europeos en linguas minoritarias e minorizadas.

As súas narracións apareceron en varias revistas e antoloxías. Está a editar unha antoloxía de relatos coa Editorial Éabhlóid. Os escritos de Réaltán Ní Leannáin habitúan tratar temas relacionados cos lazos de familia, os barrios urbanos e a relixión, tres elementos que se entrelazan nas súas obras.[1]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Turas ailse (2011) Coiscéim, unha colección de poesía
  • Dílis (2015), Cló Iar-Chonnacht, unha colección de relatos ISBN: 9781784441234
  • Cití na gCártaí (2019). Novela que está ambientada tanto en Malta como en Belfast durante os últimos anos da Primeira Guerra Mundial

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • "An páiste deiridh" (2012) en An Guth 7 (Rody Gorman, editor), Coiscéim, poema.
  • "Aerfort" (en Dilis), un texto proposto por NCCA para o primeiro ano do novo TS.
  • "Clic", un relato breve, en Feasta, marzo de 2014.
  • "Impirí", un relato breve, no An tUltach, decembro de 2015.
  • "Bongú", un fragmento dunha novela, no An tUltach, Semana Santa de 2016
  • "Watching", ficción flash, The Incubator, número 13, agosto de 2017
  • "Doors", un relato breve, The Incubator, número 14, decembro de 2017
  • "An Cor nach gCastar", un drama radiofónico, ( Raidió na Life ), producido en 2018

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Nós Diario". hemeroteca.nosdiario.gal. Consultado o 2021-09-01. 
  2. "turasailse". blogspot.ie. 
  3. Leannáin, Réaltán Ní (2016-12-06). "Fataí na Filíochta". banba. Consultado o 2021-09-01. 
  4. "Chíos". Twitter. Consultado o 2021-09-01.