Qutb Minar
| (hi) ध्रुव स्तम्भ | ||||
| Tipo | minarete | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Complexo de Qutb (pt) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Delhi, India | |||
| ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 72,5 ( | |||
| Material ou ingrediente | red sandstone (en) | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio cultural → Asia-Oceanía insular | |||
| Data | 1993 (17ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) | |||
| Historia | ||||
| Cronoloxía | ||||
| 1199-1220 | construción | |||
| 1326 | tormenta eléctrica | |||
| 1368 | tormenta eléctrica | |||
| 1503 | ampliación | |||
| Actividade | ||||
| Visitantes anuais | 3.439.575 (2024) | |||
| Sitio web | delhitourism.gov.in… | |||
Qutb Minar (en urdú قطب مینار) é un minarete de ladrillo que se localiza na cidade de Delhi e que con 72,5 m. é un dos máis altos de Asia[1], as escaleiras da torre teñen un total de 379 banzos[2] e o seu diámetro na base é de 14,3 metres mentres na cima é de 2,7 m. O elemento máis característico son as acanaladuras de arestas agudas e arrondeadas que forman a base de numerosas imitacións posteriores [3]. A súa construción comezouna no ano 1192 Qutb-ud-din Aibak completándoa o seu sucesor Iltutmish e en 1368, Firoz Shah Tughlak construíu o quinto e derradeiro andar[4]. Está rodeado por varias estruturas e ruínas da época antiga e medieval, como a propia mesquita á que servía, Qubbat-ul-Islam, e que en conxunto reciben o nome de complexo de Qutb[5].
Historia
[editar | editar a fonte]O minarete construíuse nas ruínas de Lal Kot, a cidadela vermella dentro da cidade de Dhillika, a capital dos tomars e os chauhans, os últimos gobernantes hinduístas de Delhi.[6] Gravado no minarete pódese ler "Shri Vishwakarma prasade rachita" (Realizado coa graza de Vishwakarma) e na torre hai numerosas inscricións, tanto no alfabeto persa-árabe coma no devanágari. A mesquita á que servía, a Qubbat-ul-Islam localizábase no nordés do minarete, construída por Qutb-ud-din Aibak no ano 1198, e era a mesquita máis antiga construída polos sultáns de Delhi.
Varios terremotos e raios danaron o minarete que diversos gobernantes mandaron reparar e renovar. Así Firoz Shah mandou reparar os dous andares superiores danados por un raio. En 1505 logo dun terremoto Sikandar Lodi reparouno, o que volveu suceder en 1794 reparado por un enxeñeiro británico, substituíndo o pavillón da época de Firoz Shah polo seu, que se desmontou en 1848 e agora está no xardín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quṭb Mīnār. Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2 de maio de 2014
- ↑ iloveindia.com (ed.). "Facts About Qutb Minar". Lifestyle Lounge: Travel. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2013.
- ↑ Petersen, Andrew (2002) Dictionary of Islamic Architecture. Routledge, p. 242
- ↑ Qutb Minar na web do Goberno da India
- ↑ whc.unesco.org, ed. (2009). "WHC list". Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ Ali Javid e Tabassum Javed (2008). Algora, ed. World Heritage Monuments and Related Edifices in India. p. 107. ISBN 9780875864822.
