Quod tibi fieri non vis, alteri ne feceris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quod tibi fieri non vis, alteri ne feceris é unha locución latina que en galego se traduce como «non fagas a outro o que non queiras que che fagan a ti». A cita é un exemplo da Regra de prata: «Non fagas a ninguén o que a ti che desagrada» (Tobías 4, 15; Hilel, Shabbat 31a —Talmud babilónico—).

Hugo Grotius remonta o uso da máxima ao emperador romano Alexandre Severo,[1] quen a fixo gravar no seu palacio e en monumentos públicos, segundo escribe o historiador Elio Lampridio na súa obra Historia Augusta, onde realiza unha biografía do emperador.[2]

Thomas Hobbes tamén usa esta locución na súa celebérrima Leviathan, chamándoa «lei da humanidade enteira».[3] O filósofo inglés colócaa á beira do versículo bíblico «E o que queirades que vos fagan os homes, facédello vós igualmente» (Lucas 6:31).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schopenhauer, Arthur (2007). Los dos problemas fundamentales de la ética (3ª ed.). Madrid: Siglo XXI. p. 178. ISBN 978-84-323-1282-3. 
  2. Navarro (1919), p. 93
  3. "Chapter XIV. Of The First And Second Naturall Lawes, And Of Contracts". Project Gutenberg (en inglés). Consultado o 29-07-2018. 
  4. ""Lucas, 6"". Bíblia Católica Online. Arquivado dende o orixinal o 28-07-2018. Consultado o 29-07-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Navarro y Calvo, Francisco (1919). Escritores de la historia augusta. (tradución do latín da obra de Elio Lampridio). Madrid: Librería da viuda de Hernando y cía.