Quitosano
| Quitosana | |
|---|---|
Outros nomes Poliglusam; Deacetilquitina; Poli-(D)glicosamina; BC; Chitopearl; Chitopharm; Flonac; Kytex | |
| Identificadores | |
| Número CAS | 9012-76-4 |
| ChemSpider | 64870 |
| UNII | 23R93M6Y64 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
| Compostos relacionados | |
| Compostos relacionados | D-glicosamina e N-acetilglicosamina (monómeros) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |
O quitosano é un polisacárido catiónico producido mediante a desacetilación da quitina, un polisacárido que se atopa no exoesqueleto dos crustáceos e dalgúns outros invertebrados e fungos, mediante un proceso de alcalinización a altas temperaturas.[1]
Nomes
[editar | editar a fonte]O quitosano, tamén é chamado quitosana, e en inglés e castelán é comercializado como chitosan e chitosán.[2] O termo provén do grego χιτών, chiton, que significa 'túnica' ou 'envoltura', referíndose á súa estrutura envolvente dos organismos dos que se extrae.[3]
Tamén é coñecido cientificamente como poliglusam, de poli-(1,4)-β-D-glucosamina,[4] sendo un polímero de glicosamina.
Usos
[editar | editar a fonte]O quitosano é apreciado nas industrias farmacéutica, médica e ambiental debido ás súas propiedades biodegradables, biocompatibles e antimicrobianas, que o fan adecuado para múltiples aplicacións, dende tratamentos médicos até a purificación de auga.[5]
É utilizado na cicatrización de feridas, na eliminación de proteínas alérxicas dos alimentos, na liberación controlada de fármacos (nanopartículas) e como complemento alimenticio con efecto hipocolesterolémico.
A súa acción contra a obesidade aínda se discute na literatura e pode actuar de dúas formas:
- Complexación con lípidos no tracto intestinal, sendo eliminado a través das feces.
- Atraso na acción das lipases dixestivas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dias, Francisco S.; Queiroz, Danilo C.; Nascimento, Ronaldo F.; Lima, Mario Bastos (2008). "Um sistema simples para preparação de microesferas de quitosana". Química Nova (en portugués) 31: 160–163. ISSN 0100-4042. doi:10.1590/S0100-40422008000100028.
- ↑ "Chitosan Suplemento ¿Qué es y para qué sirve?". Granafarma (en castelán). 2023-01-09. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2025. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ "ℹ ¿Qué es un chiton en Grecia? Historia y Significado ✔️" (en castelán). 2024-06-26. Consultado o 2024-08-09.
- ↑ "NCATS Inxight Drugs — POLIGLUSAM". drugs.ncats.io (en inglés). Consultado o 2024-08-09.
- ↑ Jiang, Tao; James, Roshan; Kumbar, Sangamesh G.; Laurencin, Cato T. (2014-01-01). Kumbar, Sangamesh G.; Laurencin, Cato T.; Deng, Meng, eds. Chapter 5 - Chitosan as a Biomaterial: Structure, Properties, and Applications in Tissue Engineering and Drug Delivery. Oxford: Elsevier. pp. 91–113. ISBN 978-0-12-396983-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |

