V Asemblea Nacionalista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quinta Asemblea Nacionalista»)
V Asemblea Nacionalista
Tipocongreso
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A V Asemblea Nacionalista celebrouse na Coruña o 18 e 19 de marzo de 1923.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Casa do Consulado, onde se celebrou a V Asemblea Nacionalista.

A Asemblea tivo lugar na Casa do Consulado, que ocupaba o Consello Provincial de Fomento. Iniciouse coa lectura da memoria anual polo presidente da Irmandade Nazonalista Galega, Vicente Risco. Ratificáronse as conclusións adoptadas na Asemblea de Monforte. Aprobouse un proxecto de organización do partido e propaganda presentado pola delegación da Coruña. Como conclusións aprobouse a intensificación das relacións coas colonias galegas en Suramérica, Cuba e Portugal. Na sesión do día 19 aprobouse por unanimidade unha proposta de Paz Andrade para a unificación das forzas agrarias e o nacionalismo. Tamén se acordou encomendar a Xaime Quintanilla e Calviño as xestións coas sociedades obreiras para constituír a Confederación Nacional del Trabajo Gallego. Finalmente Vicente Risco foi reelixido como xefe da ING.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Zarpa, 21-3-1923, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]