Quimera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo quimera pode referirse:

  • a Quimera, monstro da mitoloxía grega.
  • a quimera paleontolóxica, fósil composto por partes de individuos de diferentes especies que, cando foron descubertos, se cría que eran restos dunha soa.
  • a Quimera de Arezzo, un dos exemplos máis coñecidos da arte etrusca.
  • as quimeras chinesas, máis coñecidas como leóns de Buda.
  • as quimeras ou tiburóns fantasma, as especies da orde dos Chimaeriformes, grupo de peixes cartilaxinosos emparentados cos tiburóns.
  • a quimera, elemento arquitectónico, figura fantástica, mítica ou grotesca (moitas veces dun animal) utilizada con fins decorativos.
  • a quimera de enxerto, tipo de planta producida polo enxerto no punto de contacto entre o portaenxerto e o enxertado,
  • a quimera, persoa ou animal afectado polo quimerismo. Ten tecidos xeneticamente distintos de diferente procedencia.
  • unha proteína quimera é unha proteína de fusión que contén partes de dúas proteínas codificadas en xenes distintos, orixinada por unha fusión de xenes natural e artificial.
  • un anticorpo quimera é un anticorpo orixinado igual que as proteínas quimera.
  • un xene quimera é o resultante da fusión de porcións de dous xenes diferentes.
  • por extensión, a quimera, idea que un forma de algo, ou algunha cousa que un imaxina como posible, pero que non ten relación coa realidade.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quimera.