Quesadilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corte dunha quesadilla de fariña triga con queixo amarelo, típica da comida Tex-Mex.
Como facer unha quesadilla? Vídeo en inglés

A quesadilla é un prato típico mexicano, elaborado cunha tortilla triga ou de millo dobrada pola metade e reenchida principalmente de queixo, que se quenta até este se fundir[1]. Pode ou non conter algún outro alimento ou guiso. Na área metropolitana da Cidade de México é común chamarlle quesadilla a unha preparación semellante que pode non conter queixo, a cal ao ser dobrada á metade e estar rechea dalgún guiso, adquire un aspecto semellante ao dunha quesadilla. Con todo, agás esta excepción local, a nivel nacional unicamente considérase como quesadilla ás preparacións que conteñan indispensabelmente queixo.

Etimoloxicamente en castelán as palabras rematadas en -illa, ao igual que o galego -elason diminutivos (criadilla, pescadilla, por exemplo, son palabras do século XV). De tal maneira que a palabra quesadilla componse de "queso" (queixo) máis o diminutivo feminino do século XV, o cal a fai unha palabra netamente de orixe española e non constitúe un Nahuatlismo.[2]

Variedades[editar | editar a fonte]

As gringas son quesadillas en tortilla de fariña ás que se lles engade carne ao pastor (a usada para a preparación de tacos ao pastor). Mentres que as pochas son quesadillas en tortilla de millo ás que se lles engade carne dos tacos de vitela.

Nos estados do noroeste de México son comúns as quesadillas de peixe ou mariscos capeados, elaboradas ao estilo de Ensenada, Baixa California, as cales se adoitan acompañar con mollos, leituga, cebola e guacamole.

En Sinaloa existe unha variedade especial chamada taco gobernador, a cal consiste nunha quesadilla á prancha elaborada con tortilla de millo, quéntase até ficar torrada e énchese de camarón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Real Academia Española (2014). «-illo».

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]