Queperí
Aparencia
| Queperí | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
|
Gastronomía
| |||||
| |||||
| Wikidata |
O queperí (en guaraní: keperi) é un prato típico da gastronomía boliviana, máis concretamente do leste boliviano.[1][2][3] O prato consiste esencialmente nun corte de carne, servido con diferentes guarnicións vexetais como acompañamento.[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]O seu nome provén do corte de carne co que se prepara, tomado da parte baixa do abdome.[1] Aínda que o consumo do queperí está moi estendido no territorio boliviano, parece ter a súa orixe nos departamentos de Pando, Beni e Santa Cruz.[5][6]
Ingredientes
[editar | editar a fonte]O queperí consiste nunha ración de carne bovina, cocida ao forno ou frixida en aceite; acompañada de arroz con queixo, mandioca frixida e ensalada.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 ASALE (2024-11-14). "Queperí". «Diccionario de americanismos» (en castelán). Consultado o 2024-11-17.
- ↑ Raschetti, Osvaldo Laureano (1998). Ramón Cuánto: aquí canta lo que nunca se cantó (en castelán). Secretaría de Agricultura, Ganadería, Pesca y Alimentación. p. 89.
- ↑ "Cómo preparar un exquisito keperi boliviano". Cocina boliviana (en castelán). Consultado o 2024-11-17.
- 1 2 Valerio, Claudio (2021-06-11). "Queperí: ¿Mito o real?". Prisionero en Argentina (en castelán). Consultado o 2024-11-17.
- ↑ "Queperí cruceño al horno". Opinión Bolivia (en castelán). 2013-08-05. Consultado o 2024-11-17.
- ↑ Quintana Peñaranda, Adhemar. "Historia de la cocina boliviana". Scribd (en castelán). Consultado o 2024-11-17.
| A Galipedia ten un portal sobre: Bolivia |
