Quemchi
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Chile | ||||
| Rexión | Rexión de Los Lagos | ||||
| Provincia | Provincia de Chiloé | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 440,3 km² | ||||
| Altitude | 5 m | ||||
| Creación | 1882 | ||||
| Sitio web | muniquemchi.cl | ||||
Quemchi é unha comuna chilena da Rexión dos Lagos, localizada na Provincia de Chiloé, cuxa capital é o pobo do mesmo nome. A comuna comprende un sector da costa nororiental da illa Grande de Chiloé, entre Ancud e Dalcahue, a illa Caucahué, o illote de Aucar e o grupo de illas Chauques, composto por Añihué, Mechuque, Voigue, Cheñiao, Butachauques, Tac e Aulín.
A comuna constitúese de:
- Lliuco
- Huite
- Quemchi
- Aucar
- Montemar
- Choen
- Colo
- Quicaví
Na mesma comuna está a vila de Quicaví, o sitio considerado en que na mitoloxía se encontra a cova dos bruxos de Chiloé.
Dentro da comuna atópanse 1 das 16 igrexas de madeira do Arquipélago de Chiloé que foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quemchi |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
