Queixo de Acehuche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O queixo de Acehuche é un queixo español orixinario da localidade de Acehuche, Cáceres. Elabórase co leite cru de cabra, e é un queixo moi graxo. O seu peso non chega ao quilogramo. A cortiza é de cor marrón e a textura algo rugosa. Non ten buracos. Prénsase en moldes de madeira de castiñeiro ou de lata. A pasta compáctase a man e o seu sabor é picante, dependendo do proceso de elaboración.