Saltar ao contido

Queixo afumado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Queixo afumado
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0fs5cs Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Queixo San Simón da Costa.

O queixo afumado é calquera queixo que foi especialmente tratado con afumadura.[1] Polo xeral presenta unha película exterior marrón amarelada que é o resultado deste proceso de curado.[2]

O curado en fume realízase normalmente de dúas maneiras: afumado en frío e afumado en quente.[1] O método de afumado en frío (que pode levar ata un mes, dependendo do alimento) afuma o alimento a unha temperatura de entre 20° e 30° C. O afumado en quente cociña parcial ou completamente o alimento tratándoo a temperaturas que oscilan entre os 40° e os 90 °C.

Outro método, que se usa normalmente en queixos menos caros, é usar aromatizante de fume artificial para darlle ao queixo un sabor afumado e colorante alimentario para darlle ao exterior a aparencia de que foi afumado do xeito máis tradicional.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 Strawbridge, D.; Strawbridge, J. (2012). Made At Home: Curing & Smoking: From Dry Curing to Air Curing and Hot Smoking, to Cold Smoking. Octopus Books. p. pt317. ISBN 978-1-84533-726-1. Consultado o November 6, 2018.
  2. ↑ Riha, W.E. (1992). Control of Color Formation in Smoked Cheese. University of Wisconsin--Madison. Consultado o 6 de novembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]