Queixo Harzer
O queixo Harzer (en alemán: Harzer Käse) é un queixo elaborado con leite agre, semidesnatado, que só contén unha pequena porcentaxe de graxa (similar ao queixo quark) fabricado segundo métodos tradicionais, de acordo coa regulamentación alemá relativa aos procesos de fabricación de queixo.[1][2]
É moi celebrado nalgunhas partes de Alemaña. Orixinariamente provén dos arrededores do Parque Nacional do Alto Harz, ao sur de Braunschweig.[3]
É característico polo seu forte olor e o seu aroma picante.
Aparencia e características
[editar | editar a fonte]Este queixo adoita ofrecerse en pezas cilíndricas planas, duns 5 cm de diámetro. Estas pezas adoitan envasarse aliñadas formando un rolo, polo que ás veces chámase Harzer Roller.[2]
Un condimento moi típico neste queixo é o comiño, aínda que existen diferentes variantes:
- Harzer Käse recuberto dunha capa branca que conténe fungos brancos.
- Harzer Käse recuberto dunha capa de fungos vermellos denominada Rotschmiere.
Ambas as formas teñen un olor moi forte, sendo a segunda de sabor máis forte que a primeira.
O tempo de maduración deste queixo vai desde uns días até unhas semanas. Se non alcanzara a maduración, notaríase en que tería un centro cru.
Usos gastronómicos
[editar | editar a fonte]Cómese habitualmente con pan ou con mostaza, así como con cogombros en vinagre.
Produción
[editar | editar a fonte]En 2001 a produción de queixos de leite acidificado na Alemaña ascendeu ás 30 000 toneladas anuais.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mikko Pesälä, Parlamento Europeo, Relatorio da Comisión da Agricultura e do Desenvolvemento Rural, 2001.
- ↑ 2,0 2,1 Bockelmann, Wilhelm, Willems, Peter Jäger, Beate, Hoppe-Seyler, Tobias Engel, Günter & Heller, Knut (2002). "Reifung von Harzer Käse ("Ripening of Harzer cheese")". Kieler Milchwirtschaftliche Forschungsberichte 54. pp. 317–335.
- ↑ Juliett Harbutt (2009): World Cheese Book. Nova York: DK Publishing. ISBN 978-0-7566-5442-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Queixo Harzer |