Queiroga maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Queiroga maior
Daboecia cantabrica
Daboecia cantabrica
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Subfamilia: Ericoideae
Tribo: Ericeae
Xénero: Daboecia
Especie: D. cantabrica
Nome binomial
'Daboecia cantabrica'
(Huds.) K.Koch

A queiroga maior[1] (Daboecia cantabrica) é unha especie da familia das Ericáceas común nos montes galegos. Recibe outros nomes comúns que comparte coas outras especies dos xéneros Erica e Calluna, coma queiroa, uz ou urce.

Queiroga maior no seu hábitat

Descrición[editar | editar a fonte]

Gamallo de até 50 cm con talos inclinados, incluso deitados; pólas ergueitas, vilosas e glandulares nos extremos. Follas alternas, perennes, pequenas (1 cm), enteiras, coriáceas, ovaladas ou lanceoladas, abrancazadas polo envés. Flores reunidas en acios terminais frouxos e alongados, purpúreas ou violáceas e pendurantes. Corola globoso-alongada, con lóbulos curtos e revirados. Conta con oito estames. Ao frutificaren perden a corola.[2] O froito é unha cápsula.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Uceiras e toxeiras,frecuentemente en terreos rochosos, mesturado con queiroas e especies coma Erica cinerea e Ulex gallii. Medra en solos acedos sobre cuarcitas, micas e xistos, evitando turbas; entre o nivel do mar e os 580 m[3].

Distribución[editar | editar a fonte]

Esténdese pola Europa atlántica, sendo abundante no oeste de Irlanda, naturalizándose nalgunhas zonas da Gran Bretaña.[3] É abundante no norte da Península Ibérica, especialmente en Asturias, Cantabria, Castela e León e País Vasco. A daboecia é común nos bosques e prados de Galiza.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Daboecia cantabrica foi descrita por (Huds.) K.Koch e publicado en Dendrologie 2(1): 132. 1872.[4]

Citoloxía

Número de cromosomas de Daboecia cantabrica (Fam. Ericaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=24[5]

Sinonimia
  • Andromeda daboecia L.
  • Andromeda montana Salisb.
  • Boretta cantabrica (K.Koch) Kuntze
  • Boretta daboecia (L.) Baill.
  • Daboecia daboecia (L.) Dörfl.
  • Daboecia polifolia D.Don
  • Daboecia polifolia var. alba Sweet
  • Erica cantabrica Collinson
  • Erica dabici Crantz
  • Erica daboecii L.
  • Menziesia daboeci DC.
  • Menziesia minor Hoffmanns.
  • Menziesia polifolia Juss.
  • Vaccinium cantabricum Huds.[6]

Nome común[editar | editar a fonte]

En galego recibe outros nomes comúns que comparte coas outras especies dos xéneros Erica e Calluna, coma queiroa, uz ou urce. En lingua castelá chámanlle brezo vizcaíno ou brezo de san Dabeoz; en lingua inglesa recibe o nome de irish heath ou saint Dabeoc's heath[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego preferido en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004; e Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  2. Ángel Penas et alii (1991): Plantas Silvestres de Castilla y León. Valladolid, Ámbito. ISBN 84-86770-40-8
  3. 3,0 3,1 http://www.brc.ac.uk/plantatlas/index.php?q=plant/daboecia-cantabrica
  4. "Queiroga maior". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. 
  5. Números cromosómicos para la flora española. 815-830. Números 819-830 López Pacheco, M.J. & al. (2004) Lagascalia 24: 177-182
  6. Queiroga maior en PlantList
  7. En Buscatermos da Universidade de Santiago de Compostela - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15521961

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]