O filme foi a produción francesa con maior recadación en Francia en 2019 e o terceiro filme de 2019 con maior recadación en Francia. Unha terceira entrega, Qu'est-ce qu'on a tous fait au Bon Dieu ?, estreouse en abril de 2022.
Qu'est-ce qu'on a encore fait au Bon Dieu ? estreouse en Francia e Bélxica o 10 de xaneiro de 2019.[2] O filme recadou máis de 45 millóns de euros en base ás 7 millóns de entradas vendidas en Francia, o que o fixo bater un récord de catro anos para unha película en lingua local.[1] O filme estreouse tamén nos cinemas de varios países, incluíndo Alemaña, Suíza e o Canadá.[1]