Qinna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Qinna
Yue Fei 2.jpg
Yue Fei
Información xeral
Práctica Arte marcial
Foco Controlar a enerxía do golpe do opoñente
Dureza Pouco contacto
Grafia
Nome nativo 擒拿
Tradución Capturar
Outros nomes Chin na

Qinna (擒拿, Qín-na, Qin'na ou Chin na) é unha arte marcial chinesa que posúe como contido principal técnicas de inmobilización e control do opoñente. Son practicados movementos e golpes que teñen como obxectivo puntos de presión e que manipulan e estrican articulacións, tendóns e músculos, para someter o contrario, facéndoo que desista co obxectivo de facer ou continuar un movemento de ataque. O nome pode ser traducido como "pegar" ou "asir"; os logogramas "chin" e "na" significan respectivamente "agarrar" ou "suxeitar" e "controlar".[1][2]

Amais da sistematización de súas técnicas, esas non son exclusividade súa senón, ao contrario diso, tamén practicadas en moitos estilos de artes marciais chinesas. Ás veces, combínanse as súas técnicas coas de Shuai jiao, que é unha arte marcial que dá énfase ós agarramentos e derrubamentos. Un dos aspectos que ten moita importancia é o manexo do chi, que é a enerxía que flúe polo corpo enteiro dunha persoa e tamén o máis importante principio do Tai chi chuan.[3] Co emprego preciso de determinadas técnicas, e se o seu manexo for prolongado alén de certo punto, pódese provocar a morte dunha persoa.[4][5]

De entre os estilos de wushu que maior importancia dan a este tipo de técnicas están o Pai huo chuan, o Fan tzi ien jao e o Hung. Hai tamén un estilo transmitido en Macau, por un mestre chamado Wong Po Kan, tamén un experto en Wing chun.

Ao xeneral Yue Fei (1103-1114 EC), que estudou con monxes chineses o Templo Shaolin, atribúese a creación do estilo Hsing-i, un dos tres estilos internos de Wushu, e compilou aí as 108 técnicas de Qinna. Os monxes shaolin desenvolveron as técnicas porque o obxectivo era conseguir subxugar un adversario sen precisar ferilo ou matalo. Aínda hoxe a policía chinesa utiliza as súas técnicas e de Shuai jiao para controlar e inmobilizar criminais.[6]

As técnicas engloban golpes que van desde o simple agarramento até derrubamento do contrario. As técnicas están relacionadas non soamente co control do adversario en si, senón en controlalo por medio do uso das liñas nas cales flúen a enerxía corporal (chi). Alguns dos movementos son máis fáciles de dominar namentres outros, non, pois unhas das bases do sistema é o coñecemento sobre a anatomía humana, sobre o comportamento e o funcionamento do corpo.[7][8]

Existen catro divisións principais entre os métodos de loita, máis un, que estuda os puntos de acupuntura:[9][10]

  • Nivel básico
    • Fen jin (división muscular)
    • Tsuo kuo (desprazamento óseo)
  • Nivel avanzado
    • Bih chi toan mie (bloqueo do fluxo de ar ou de sangue)
    • Tien hsuen (presión nos puntos de enerxía)
  • Acupuntura
    • Tien kue

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Associação MeiHua (ed.). «Curso de Qin Na» (en portugués). Consultado o 26 de febreiro de 2014. 
  2. «Chinese Martial Arts: Qin Na (Chin Na)» (en inglés). Consultado o 26 de febreiro de 2014. 
  3. Dan Docherty. «Shuai Jiao, Die Pu and Qin Na» (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  4. «擒拿 SHAOLIN QIN-NA» (en italiano). Consultado o 28 de febreiro de 2014. 
  5. intao (ed.). «O que é Chin-Na?» (en portugués). Consultado o 28 de febreiro de 2014. 
  6. Víctor Lluís Pérez García; Manuela Garcia Gil. Vision Libros, ed. Oriente y Occidente: sabiduría ancestral (en castelán). Madrid. p. 176. ISBN 978-84-9886-183-9. 
  7. Jwing-Ming Yang. Robinbook, ed. Guía fácil de Qi Gong (en castelán). Barcelona. 
  8. «Qinna» (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2014. 
  9. Da Yuan Zhao (2005). Mediterranee, ed. Qin Na pratico. I segreti dell'arte delle prese e dei blocchi (en italiano). Roma. ISBN 88-272-1746-0. 
  10. «Qin Na Shu» (en italiano). Consultado o 28 de febreiro de 2014.