Camiños do Inca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Qhapaq Ñan»)
Camiños do Inca
Qhapaq Ñan (quechua)
Sistema de camiños do Imperio Inca
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Arxentina
Bolivia
Chile
Colombia
Ecuador
Perú
TipoCultural
CriteriosII, III, IV, VI
Inscrición2014 (38ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador1459
Camiño do Inca no Perú.

Os Camiños do Inca (en quechua, Qhapaq Ñan, que quere dicir: camiño do rei ou do poderoso ou camiño do Inca)[1] foi un sistema de camiños de enormes distancias na civilización incaica que vinculaba as cidades importantes da costa e da serra. Estruturouse con base en dous eixos lonxitudinais: do sector da cordilleira e do chairo costeiro. Este sistema dos incas non foi senón un bimilenario legado preincaico, potenciado durante o Imperio Inca, tanto para a totalidade desa organización de rutas, que superaban os 30 000 quilómetros, como para o camiño principal (de aproximadamente 5200 km de lonxitude).[2] Todos estes camiños atopábanse conectados a Cuzco, a capital do Tahuantinsuyo ou Imperio incaico, e facilitaban a súa comunicación cos distintos pobos anexados no marco do proceso expansivo inca e, ó mesmo tempo, constituían un efectivo medio de integración político–administrativa, socioeconómica e cultural. Dado que o Qhapaq Ñan interconectaba localidades tan distantes como Quito, Cuzco e Tucumán, os conquistadores españois empregárono durante o século XVI para invadir o Perú, Bolivia, Chile e as pampas da cordilleira arxentina.

O famoso «Camiño do Inca», que une a cidade de Cuzco co sitio arqueolóxico de Machu Picchu, é só unha parte mínima e intrarrexional da xigantesca rede de camiños incas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Qhapaq = poderoso, próspero, rexio: ñan = camiño. Diccionario de la Academia Mayor de la lengua Quechua, CQOSQO
  2. "Unesco designó al Camino del Inca como Patrimonio de la Humanidad". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Moseley, Michael 1992. The Incas and their Ancestors: The archaeology of Peru. Thames and Hudson, Nova York.
  • Hyslop, John, 1984. Inka Road System. Academic Press, Nova York.
  • Andean World: Indigenous History: Culture and Consciousness de Kenneth Adrien.
  • Footprints Cusco e The Inca Trail Handbook de Peter Frost e Ben Box
  • Jenkins, David. "A Network Analysis of Inka Roads, Administrative Centers and Storage Facilities." Ethnohistory, 48:655–685 (Fall, 2001).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]