Qalb (linguaxe de programación)
| Qalb | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Qalb, Qlb ou Alb (en árabe: قلب) é unha linguaxe de programación funcional que permite escribir software empregando só a lingua árabe.[1] O seu nome significa "corazón" e é un acrónimo recursivo de Qlb: Lughat Barmajah (en árabe: قلب: لغة برمجة; en galego: Qlb: unha linguaxe de programación). Foi creado en 2012 por Ramsey Nasser, un informático do Eyebeam Art + Technology Center de Nova York. Trátase dun proxecto tamén dun proxecto artístico que tenta responder ao nesgo anglófono da meirande parte das linguaxes de programación, que adoitan expresar os seus conceptos fundamentais con palabras do inglés.
Estrutura
[editar | editar a fonte]A súa sintaxe aseméllase á de Lisp ou Scheme, e consiste en listas con parénteses. As palabras chave están en árabe libanés,[2] polo que o texto se aliña de dereita a esquerda, seguindo o patrón da escrita árabe. Consta tamén dun conxunto mínimo de primitivos para definir funcións, condicionais, bucles, manipulación de listas e expresións aritméticas básicas. Qalb é Turing-completa, e implementáronse nela tanto a sucesión de Fibonacci como o xogo da vida de Conway.
Ao empregar a escritura árabe, os caracteres pódense estender indefinidamente, permitindo elaborar o código en patróns artísticos, seguindo a tradición da caligrafía árabe.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McAllister, Neil (2013). "Meet قلب, the programming language that uses Arabic script". The Register (en inglés). Consultado o 29/05/2025.
- Nasser, Ramsey (2013). "An Arabic Typo - Issue #8". GitHub (en inglés). Consultado o 29/05/2025.