Saltar ao contido

Píntame angelitos negros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pintame angelitos negros é un famoso poema convertido en canción (normalmente como Angelitos negros), orixinal do poeta venezolano de orixe galega Andrés Eloy Blanco Meaño.[1][2]

Este poema foi considerado como un himno contra a discriminación racial[3]. O poema foi incluído nunha escolma titulada La Juanbimbada (1940/1944), que recolle moitos poemas espallados de diferentes épocas da súa vida. Juan Bimba é un personaxe de ficción do folclore venezolano, que alude ao prototipo do home humilde da vila.

Como letra de canción

[editar | editar a fonte]

O poema fíxose moi coñecido en todo o mundo de fala hispana a través dun bolero cuxa música pertence ao actor e compositor mexicano Manuel Álvarez Rentería, tamén coñecido polo alcume de Maciste, e interpretado nun primeiro momento polo actor e cantante mexicano Pedro Infante e polo cubano de orixe galega Antonio Machín, e foi especialmente popular en España e América Latina. Na súa adaptación ao ritmo do bolero, a extensión da poesía foi reducida eliminando o diálogo inicial e algúns venezolanismos, para facela máis axeitada á duración da obra musical.[4] Aparece no filme do mesmo título de 1948[5]. Aínda que moita xente lembra a canción polo mundo, moi poucos saben que está baseada nun poema de Andrés Eloy Blanco.

Intérpretes

[editar | editar a fonte]

O dúo uruguaio Los Olimareños tamén interpreta esta canción, pero como joropo do folclore venezolano. Así mesmo, foi versionada en lingua inglesa polas cantantes estadounidenses Eartha Kitt, Cat Power e Roberta Flack, esta última cunha canción incluída no seu álbum de 1969, First Take.

Outros artistas que interpretaron a canción son Agustín Lara, Toña la Negra, Robertha, Conchita Piquer, Nana Mouskouri, Niña Pastori, Celia Cruz, Lola Flores, Javier Solís, Manuel López Ochoa, Los Pasteles Verdes, Carlo Buti, Claudio Villa, Fausto Leali, Los Angeles Negros, Julia Zenko, Imelda Miller, Buddy Richard, Emilio Solo e Chavela Vargas, Los Políticos, entre moitos outros.

  1. "Historia de la canción Angelitos Negros - Pentagrama del Recuerdo - Podcast en iVoox". iVoox (en castelán). Consultado o 2022-05-02. 
  2. "Biografía Mosqueira Manso". enciclopediadaemigraciongalega.com. Consultado o 2022-05-02. 
  3. "Angelitos negros, del poeta venezolano Andrés Eloy Blanco". Paracatólicos (en castelán). 2018-05-29. Consultado o 2022-05-01. 
  4. Original del poema completo Píntame Angelitos Negros
  5. "Angelitos negros (1948)" (en castelán). Consultado o 2022-05-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blanco, Andrés Eloy (1940/1944).La Juanbimbada. Obras de Andrés Eloy Blanco. 1.er. Ed. Venezuela: Editorial Cordillera, Caracas.
  • Francisco Escamilla Vera. Andrés Eloy Blanco (1896 - 1955). Barcelona: Biblio 3W - REVISTA BIBLIOGRÁFICA DE GEOGRAFÍA Y CIENCIAS SOCIALES (Serie documental de Geo Crítica), UAB. Vol. IX, nº 550, 5 de decembro de 2004.