Péter Medgyessy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Péter Medgyessy
Péter Medgyessy
Péter Medgyessy

27 de maio de 2002 – 29 de setembro de 2004
Precedido por Viktor Orbán
Sucedido por Ferenc Gyurcsány

Datos persoais
Nacemento 19 de outubro de 1942 (81 anos) Budapest, Hungría
Partido MSZP
Cónxuxe/s Katalin Csaplár
Profesión político

Péter Medgyessy, nado o 19 de outubro de 1942 en Budapest, é un político húngaro que foi o quinto primeiro ministro da República de Hungría dende o 27 de maio de 2002 até o 29 de setembro de 2004.[1] O 25 de agosto de 2004 dimitiu polas diferenzas que tiña coa Alianza dos Demócratas Libres, ficando como primeiro ministro durante un período de 30 días como require a constitución, e uns cantos días máis até que o seu sucesor Ferenc Gyurcsány foi confirmado pola parlamento.[2][3]

Estudos[editar | editar a fonte]

Nado en Budapest, Medgyessy estudou económicas na Universidade Corvinus de Budapest (entón chamada Universidade de ciencias económicas Karl Marx).[4] Graduouse en 1966, doutorándose máis tarde. Fala francés e romanés, e ten amplos coñecementos de inglés e ruso.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mo Hong'e (2009-03-22). "Profile: Hungarian PM Ferenc Gyurcsany". Xinhua. 
  2. Index (2004-08-18). "Az SZDSZ megvonta a bizalmat Medgyessytől". Index.hu. 
  3. Index (2004-08-21). "Konstruktív bizalmatlansággal váltják Medgyessyt". Index.hu. 
  4. 4,0 4,1 Fisher, Ian (April 22, 2002). "Hungarians Choose Socialist as New Leader". The New York Times. Consultado o January 21, 2010.