Pwyll (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pwyll
Unha combinación entre imaxes a cor e en branco e negro tomadas pola sonda Galileo, para producir esta imaxe do cráter iluminado pola luz do sol. A rexión Conamara Chaos está arriba do cráter, xusto onde as liñas forman un "X".
Tipo de accidente xeolóxico Cráter de impacto
Accidente xeolóxico de Europa
Diámetro 45 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 25,2° S 271,4° O[1]
Procedencia do nome Deus celta do inframundo.[1]

O cráter de impacto Pwyll (toma o seu nome de Pwyll, procedente da mitoloxía celta) é posiblemente un dos accidentes xeolóxicos máis recentes da superficie da lúa do planeta Xúpiter, Europa.

A rexión escura central de Pwyll é duns 45 kms de diámetro[1], os raios brancos brillantes son os restos do material expulsado polo impacto, está área entendese centos de quilómetros. Estes restos cobren claramente toda a superficie e os accidentes xeolóxicos que posiblemente existían nesa zona antes do impacto -o cal indica que o cráter é moito máis novo que calquera dos accidentes xeolóxicos da veciñanza. A brillante cor branca suxire a presenza de partículas de xeo de auga. A instrumentación da sonda Galileo revelaron substanciais evidencias de auga líquida baixo a superficie xeada de Europa. Se Europa ten un océano baixo a superficie, este podería conter vida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Pwyll on Europa". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 30-07-2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]