A Portela de Puxeiros, Tameiga, Mos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Puxeiros»)
A Portela de Puxeiros
ParroquiaTameiga
ConcelloMos
Coordenadas42°12′33″N 8°39′18″O / 42.209197222222, -8.6548722222222Coordenadas: 42°12′33″N 8°39′18″O / 42.209197222222, -8.6548722222222
Poboación1040 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

A Portela de Puxeiros é unha vila da parroquia de Tameiga, no concello pontevedrés de Mos, na comarca de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2016 tiña 1040 habitantes (529 homes e 511 mulleres).

O topónimo fai referencia a que é un lugar de paso para salvar o Alto de Puxeiros. É a vía de saída desde Vigo cara ao Porriño, e desde alí cara a Ourense e Castela. Por aquí pasaba a estrada Villacastín-Vigo, reconvertida en N-120 e actualmente na autovía A-55, que preto do lugar se cruza coa autoestrada AP-9.

A carón da vila está o Polígono Industrial de Puxeiros, moi activo. O Aeroporto Internacional de Peinador está a escasos dous quilómetros e medio.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Tameiga[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Tameiga no concello de Mos (Pontevedra)

O Casal | A Igrexa | Pedraúcha | A Portela de Puxeiros

Parroquias de Mos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.