Pure é o primeiro EP da banda estadounidense de noise rockThe Jesus Lizard, publicado en 1989.[1] A portada foi obra do baixista David Wm. Sims. Este é o único disco de The Jesus Lizard gravado cunha caixa de ritmos,[2] ao unirse o batería Mac McNeilly ao grupo pouco despois da gravación.[3] A canción "Blockbuster" foi cantada polo baixista David Wm. Sims e foi versionada polos Melvins, con David Yow á voz, no seu álbum The Crybaby.