Puerto Colombia, Guainía
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamento | Guainía ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 97 m ![]() | ||||
Puerto Colombia é unha área non municipalizada colombiana do departamento de Guainía, situada a 186 km por vía fluvial de Inírida, capital do departamento. Está composta polos seguintes centros poboados: Puerto Colombia, Berrocal e San José. Limita polo norte coa capital departamental, Inírida, e con Cacahual, ao sur con Pana Pana, o Brasil e San Felipe, e polo leste con Maroa, en Venezuela.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi creada en 1971. No seu territorio está a reserva nacional natural Puinawai, e conta con dous resgardos indíxenas. Pertence ao círculo notarial, á oficina seccional de rexistro e ao circuíto xudicial de Inírida.[1]
En 2019 houbo un intento de transición das áreas non municipalizadas de San Felipe, Pana Pana, Puerto Colombia a concello con cabeceira en San Felipe, mais a comunidade dos centros poboados implicados votou en contra nunha consulta popular.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instituto Geográfico Agustín Codazzi (IGAC), «Puerto Colombia uno de los corregimientos del Guainía donde renacerá la Paz» (Consultado o 25 de outubro de 2017).". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2017.